Sira é un filme de 2023 escrito e dirixido por Apolline Traoré. Está protagonizado por Nafissatou Cissé, Mike Danon, Lazare Minoungou, Nathalie Vairac e Ruth Werner. O filme narra a historia dunha moza nómade chamada Sira, que tras un brutal ataque rexeita entregarse ao seu destino sen loitar e, no seu canto, adopta unha posición contra o terror islamista. É unha coprodución entre Burkina Faso, o Senegal, Francia e Alemaña.
Estreouse internacionalmente o 21 de febreiro de 2023 na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio Panorama Audience ao mellor filme. Foi escollido como candidato de Burkina Faso para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. É o primeiro filme que presenta Burkina Faso dende 1989.
Personaxes Nafissatou Cissé como Sira Mike Danon como Moustapha Lazare Minoungou como Yere Nathalie Vairac como Aissatou Ruth Werner como Kemi Abdramane Barry como Jean Sidi Ildevert Meda como Karim Oumou Ba como Djamila Seydou Diallo como Tidiane Moïse Tiemtore como Faysal
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Burkina Faso propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua fula Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Burkina Faso Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do Senegal Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes rodados en Mauritania