Luken Beitia Aguirregomezcorta, nado en Elgoibar o 30 de xuño de 2004, é un futbolista vasco, que xoga como defensa central na Real Sociedad B, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no CD Elgoibar da súa localidade natal, pasando en 2016 á canteira da Real Sociedad. Na tempada 2021/22 debutou co segundo filial do club, a Real Sociedad C, na Segunda División RFEF e dous anos despois fixo a súa estrea coa Real Sociedad B, da Primeira División RFEF, nun encontro ante o Barça Atlètic.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Elgoibar Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores da Real Sociedad B