Manuel Fontán Señoráns, nado en Vilanova de Arousa o 17 de abril de 2001, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023) e unha vez campión europeo en C4 500 m mixto (2026).
Traxectoria Pertencente ao Náutico O Muíño de Ribadumia, foi internacional con España dende a categoría cadete. Gañou os Xogos Europeos da Xuventude en Hungría nas categorías C1 200 e C1 500, e foi subcampión de Europa Júnior no C1 1000 en Auronzo.
En 2022 proclamouse no Canadá campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Adrián Sieiro e Pablo Graña e o balear Joan Moreno, título que revalidou ao ano seguinte en Duisburgo. Tamén en 2023 logrou dúas pratas no Campionato Europeo sub-23 en Montemor-o-Velho, nas probas de C2 1000 metros (xunto a Diego Domínguez) e no C2 500 metros (xunto a Martín Jácome).
En 2024 disputou o Campionato de Europa na localidade húngara de Szeged, conseguindo o bronce no C2 200 metros, xunto a Sieiro. Ese mesmo ano obtivo o bronce no Mundial de Samarcanda, na proba do C4 500 m mixto, no que participou xunto a Sieiro, Valéria Oliveira e Viktoriia Yarchevska. En 2025 proclamouse subcampión mundial do C4 500 m, xunto a Sieiro, Martín Jácome e Daniel Grijalba, rematando por detrás do equipo húngaro. Ao ano seguinte regresou do Europeo de Montemor-o-Velho con dúas medallas: conseguiu a prata no C2 500 metros con Diego Domínguez e proclamouse campión europeo do C4 500 m mixto, co propio Domínguez xunto a Antía Jácome e Viktoriia Yarchevska.
Palmarés internacional Campionato MundialAnoLugarMedallaCompetición2022 Dartmouth OuroC4 500 m2023 Duisburgo OuroC4 500 m2024 Samarcanda BronceC4 500 m mixto2025 Milán PrataC4 500 m2026 Poznan BronceC4 500 mCampionato EuropeoAnoLugarMedallaCompetición2024 Szeged BronceC2 200 m2025 Račice PrataC4 500 m2026 Montemor-o-Velho PrataC2 500 OuroC4 500 m mixto
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes