Carolina García Otero, nada en Pontevedra o 23 de novembro de 1999, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de 2023 e participou nos Xogos Olímpicos de 2024

Traxectoria En 2023 conseguiu a medalla de bronce no Campionato Mundial celebrado en Duisburgo, na proba de K4 500 metros, na que competiu xunto a Sara Ouzande, Estefanía Fernández e a tamén pontevedresa Teresa Portela. Con este resultado logrou tamén a clasificación para os seus primeiros Xogos Olímpicos.

Xa en París participou en dúas modalidades, K-4 e K-2, ambas sobre a distancia de 500 metros. Na primeira delas competiu formando equipo xunto a Ouzande, Fernández e Portela, conseguindo o pase á final ao primeiro intento. Xa na final só puideron ser sextas, a menos de dous segundos da piragua neozelandesa, medalla de ouro. Menos fortuna tivo no K-2, no que participou xunto a Ouzande. Lograron o pase ás semifinais, pero non á final, ao rematar sextas na súa serie. Na final de consolación non conseguiron cruzar a meta, ao envorcar o seu caiac nos metros finais.

Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición2023 Duisburgo Bronce K4 500 m

Notas

Ligazóns externas

Datos da piragüista no sitio web da Federación Internacional de Piragüismo .

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1999 Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de España Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes