As CazallasDiocese:LugoArciprestadoAbeancos-Ulloa San Xosé das Cazallas é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Abeancos-Ulloa, na diocese de Lugo. Comprende as antigas parroquias de Castro e San Cibrao, vixentes administrativamente.
Historia A parroquia foi creada na reforma diocesana de 1890 abranguendo as antigas Castro e San Cibrao. Esta última, na realidade, xa non existía como tal, pois fora incorporada á de Vitiriz (tamén chamada Rocamador [ou Roquemador]) nalgún intre antes dese 1890. Pola banda de Castro, cando o devandito axuste parroquial aínda non era definitivo, a freguesía anexábase ós Ánxeles.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Parroquias eclesiásticas de Galicia