Ricardo Parrondo Gómez, nado en Madrid o 25 de febreiro de 1994, máis coñecido como Ricardo Gómez, é un actor español especialmente coñecido por dar vida ao personaxe Carlos Alcántara Fernández na serie de televisión Cuéntame cómo pasó.

Biografía Naceu en Madrid, aínda que a súa familia é de Santiago de Compostela. Actualmente estuda Literatura Xeral e Comparada na Universidade Complutense de Madrid.

Empezou a súa carreira como actor no Teatro Lope de Vega de Madrid, interpretando o papel de Chip (a tacita) na produción musical d'A bela e a besta aos 5 anos de idade.

En 2001, con só 7 anos, debutou na televisión na serie de Televisión Española Cuéntame cómo pasó onde interpretou a Carlos Alcántara, o fillo menor da familia Alcántara. Gómez participou desde a primeira até a décimo novena tempada da serie.

En 2008 participou no documental de TVE El espíritu de la democracia, interpretando a Carlos Alcántara. Trátase dun documental do programa Informe Semanal no que se conmemoran os 30 anos da Constitución Española. miniatura|Nos Goya 2018. En decembro de 2016 estrea a película 1898: Los últimos de Filipinas, un drama histórico sobre os soldados españois asediados na igrexa de Baler na illa de Luzón, Filipinas. Gómez interpreta o soldado José, un dos homes que quedou retido na devandita capela por parte dos insurrectos filipinos. A súa participación nesta película valeulle un nomeamento aos Premios Goya como mellor actor revelación, galardón que finalmente terminou levando Carlos Santos.

Tamén nese ano forma parte do elenco da obra de teatro La Cocina, do dramaturgo Arnold Wesker, dirixida por Sergio Peris-Mencheta no teatro Valle-Inclán de Madrid. Gómez compartiu escenario con 26 actores e actrices entre os que destacan Afasto Sauras, Silvia Abascal e Roberto Álamo entre outros.

Ademais, a principios de decembro de 2016, estreou a mini-serie de televisión El padre de Caín en Telecinco, un drama protagonizado por Aura Garrido, Quim Gutiérrez e Oona Chaplin sobre o terrorismo de ETA durante os anos oitenta en España.

É protagonista dun dos episodios de Temporada Baja de Flooxer.

En setembro de 2018 estreou a serie Vivir sin permiso de Telecinco onde dá vida a Alejandro, o noivo na ficción de Carlos, papel desempeñado por Àlex Monner, o cal é o fillo do narcotraficante sobre o que xira a historia (José Coronado).

Entre marzo e abril de 2018 protagonizou xunto a Irene Escolar a obra Mammón da directores Nave Albet e Marcel Borràs, nos Teatros del Canal de Madrid, pola que gañou o Fotograma de prata ao mellor actor de teatro. En novembro do mesmo ano estreou a obra Rojo de John Logan, na que comparte escenario con Juan Echanove, que ademais dirixe a montaxe. A obra estreouse o 9 de novembro de no Teatro Calderón de Valladolid, e posteriormente trasladouse ao Teatro Español de Madrid. A montaxe conta tamén cunha xira por España que inclúe funcións no Teatro Lope de Veiga de Sevilla, o Teatro Arriaga de Bilbao, e o Teatro Rosalía de Castro da Coruña entre outros.

Cuéntame cómo pasó Ricardo Gómez deu vida a Carlos Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó desde 2001 a 2018.

O 29 de maio de 2018 anunciouse que o actor abandonaba a serie por decisión propia ao finalizar a tempada 19. Iso si, a porta quedou aberta ao seu personaxe e a el, por si no futuro desexa regresar á produción. feito que finalmente terminou sucedendo no capítulo final da tempada 23, a última da serie.

Filmografía como actor

Cine AnoTítulo orixinalDirectorPersonaxeNotas2003Los Reyes MagosAntonio NavarroJimmy (voz)2004Tiovivo c.1950José Luis GarciAcisclitoHéroe de verdadMaría Rodríguez RabaldánSantiCurtametraxe2009Cosas de críosEva NietoMenor20161898: Los últimos de FilipinasSalvador CalvoJoséNomeado ao Goya ó mellor actor revelación2019Un cuento al revésInés Pintor y Pablo SantidriánJavierCurtametraxe2021Donde caben dosPaco CaballeroVíctorEl sustitutoÓscar AibarAndrésMía y MoiBorja de la VegaMoi2022La casa entre los cactusCarlota González-AdrioRafa

Televisión AnoTítulo orixinalCadeaPersonaxeEpisodios2001 - 2018; 2023Cuéntame cómo pasóLa 1Carlos Alcántara Fernández349 episodios2016El padre de CaínTelecincoDaniel Rodríguez1 episodio2018Vivir sin permisoAlejandro Lamas11 episodios2020Escenario 0HBO EspañaRicardo1 episodio2022La rutaAtresplayerVicente «Sento» Alberola8 episodios2023RomanceroPrime VideoDiego Sorroche5 episodios

Teatro AnoTítuloDirectorPersonaxe1999 - 2002La Bella y La BestiaDan MojicaChip2006Siglo XX que estás en los cielosBlanca PortilloNiñoEl último viaje del almiranteJorge DíazCristóbal ColónEl señor Ibrahím y las flores del coránErnesto CaballeroMomó2016La cocinaSergio Peris-MenchetaPinche2017OrestiadaJosé Carlos PlazaOrestes2018MammónNao Albet y Marcel BorràsRicardo2018 - 2019RojoGerardo VeraKen

Filmografía como director

Gracias por venir (2016), curtametraxe. Cariño (2017), curtametraxe, xunto a Miki Esparbé.

Premios e nomeamentos AnoPremioCategoríaPelículaResultado2016Premios GoyaMellor actor revelación1898: Los últimos de FilipinasNomeadoUnión de Actores e ActricesMellor actor revelaciónNomeadoMedallas do Círculo de Escritores CinematográficosMellor actor revelaciónNomeado2019Fotogramas de PrataMellor actor de teatroMammónGañador2022Premios FerozMellor actor protagonistaEl sustitutoNomeado

Referencias

Enlaces externos

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Actores infantís de España Categoría:Actores de televisión de Madrid