Juan Manuel Espada Montaos, nado en Vilaza (Monterrei) o 17 de outubro de 1843 e finado en Verín o 15 de novembro de 1913, foi un médico militar galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Matriculouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que deixou para seguir a carreira de Medicina e Cirurxía, conseguindo a licenciatura e o doutoramento na Universidade Central de Madrid. Ingresou por oposición no Corpo de Sanidade da Armada e marchou a Cuba en 1869, onde residiu durante doce anos, alcanzando o grao de capitán-médico. Opositou á cátedra de Medicina, ocupando o primeiro posto na terna, pero o ministro non firmou o nomeamento. Foi un dos principais valedores da cultura galega en Cuba, propulsor, con Waldo Álvarez Ínsua (1879), do Centro Galego da Habana, e redactor da súa primeira carta orgánica. Con el creou El Eco de Galicia (1878), colaborando cos seus artigos, e tamén en La Ilustración Gallega y Asturiana, Revista Gallega da Coruña, Eco de Galicia de Buenos Aires, e Nuevo Támega de Verín. O 27 de xuño de 1881, licenciado total, retirouse á súa casa de Vilaza, exercendo como médico no Balneario de Vilaza e en Verín, onde finou o 15 de novembro de 1913.La Región, 20-11-1913, p. 2. Artigos “Del Regionalismo gallego en Cuba”, Galicia. Revista Regional, 8 (1888).

“Los gallegos fuera de Galicia”, Revista Gallega, 579 (1906). “Del modo de desterrar el caciquismo en Galicia”, Revista Gallega, 589 (1906). “Algo sobre el gallego”, Revista Gallega, 625 (1907).

Recoñecementos

Tomou parte no desembarco de Cinco Villas en 1877, polo que recibiu a Cruz Vermella de Primeira Clase ao Mérito Naval. Concedéronlle varias condecoracións militares e civis. Notas

Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Monterrei

Categoría:Nados en 1843

Categoría:Finados en 1913

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos