Manuel Novo López, nado en Moreda (Seoane do Courel) o 13 de outubro de 1895 e finado en Seoane do Courel o 23 de xaneiro de 1974, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Militante de Unión Republicana, da que foi tesoureiro en Seoane do Courel en 1935. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Folgoso do Courel o 18 de marzo.BOP Lugo, 6-8-1936, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado.El Pueblo Gallego, 7-10-1936, p. 11. Estivo fuxido, agochado na súa casa de Moreda. Foi detido o 29 de abril de 1939 con Antonio Aira Domínguez e Manuel Rodríguez Pombo, e internado no cárcere de Monforte de Lemos. Pasou ao cárcere de Lugo o 5 de maio e foi xulgado en Lugo o 23 de novembro por auxilio á rebelión na causa 1004/36 xunto con Manuel Rodríguez Valcárcel,El Progreso, 25-11-1939, p. 2. e condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1940.BOE, 23-3-1949, p. 1532. Cumpriu condena na Prisión do Balneario de Lugo. Saíu en liberdade condicional o 13 de xullo de 1941. Finou en Seoane do Courel o 23 de xaneiro de 1974.Necrolóxica El Progreso, 24-1-1974, p. 7.

Vida persoal Casou con Ángela López Díaz. Foi tío e padriño de Uxío Novoneyra.Fernández (2022), p. 14

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente de Responsabilidades políticas acumulado nº 18/1940 contra Manuel Novo López e Manuel Rodríguez Valcárcel

Expediente procesual de Manuel Novo López

Categoría:Alcaldes de Folgoso do Courel Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Folgoso do Courel Categoría:Nados en 1895

Categoría:Finados en 1974