O Thanetiano ou Tanetiano é, na escala temporal xeolóxica, a idade e piso máis recente dos tres que forman o Paleoceno. Esténdese no tempo entre os 59,2 e os 56 millóns de anos desde o presente. O Thanetiano está precedido polo Selandiano e é seguido polo Ypresiano.
Definición estratigráfica miniatura|Mapa xeolóxico da rexión ao redor da canle da Mancha mostrando a conca de Londres e o sueste de Inglaterra, no seu contexto rexional. O Thanetiano foi establecido polo xeólogo suízo Eugène Renevier en 1873. O Thanetiano debe o seu nome á zona de Kent (sur de Inglaterra), coñecido como Illa de Thanet. Comparte este nome coa formación Thanet Sand, depósito máis antigo do Cenozoico da Conca de Londres.
A base do piso Thanetiano colócase na base da cronozona magnética C26n. O perfil das referencias (Sección e punto de estratotipo de límite global) atópase na sección Zumaia (43° 18' N, 2° 16' W) na praia de Itzurun, País Vasco.Proposed by Dinarès-Turell et al. (2007), ratified by the IUGS in 2008
A parte superior do piso Rupeliano (e inferior da etapa Ypresiana) vén definida por unha forte anomalía nos valores climáticos no Máximo térmico do Paleoceno-Eoceno.
O Rupeliano é coetáneo con unidades utilizadas rexionalmente para as zonas de Mamíferos do Paleóxeno entre a zona MP 6 e parte das zonas MP 1 a MP 5.
Norteamérica: Tiffaniano e Clarkforkiano. Suramérica: Riochiciano e Itaboraiano. Asia: parte alta do Nongshaniano e Gashatano. Australia: Wangerripiano medio. California: alto Yneziano e baixo Zemorriano. Superponse tamén ás etapas rexionais obsoletas de Bélxica: Landenianano e Heersiano.
Paleontoloxía miniatura|Fósil de folla de Cissus primavea, dos travertinos thanetianos de Sézanne (Francia). A flora de Sézanne é unha asociación paleoflorística conservada nos travertinos de Sézanne (Francia), depósitos de calcarias continentais de auga doce formados durante a idade Thanetiana, cando Europa gozou dun clima tropical. Nos lagerstätte preserváronse fósiles moi detallados de follas, flores e sementes enteiras.
Ademais aparece Eritherium, primeiro representante da familia Proboscidea.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(2007): «Closing the Mid-Palaeocene gap: Toward a complete astronomically tuned Palaeocene Epoch and Selandian and Thanetian GSSPs at Zumaia (Basque Basin, W. Pyrenees)», Earth and Planetary Science Letters, 262: 450–467. ; (2004): A Geologic Time Scale 2004, Cambridge University Press. ; (1873): «Tableau des terrains sédimentaires formés pendant les époques de la phase organique du globe terrestre», Bulletin de la Société Vaudoise des Sciences Naturelles (Lausana), 12: 218–252.
Ligazóns externas GeoWhen Database - Thanetian Paleogene timescale, at the website of the subcommission for stratigraphic information of the ICS Stratigraphic chart of the Paleogene, at the website of Norges Network of offshore records of geology and stratigraphy
Categoría:Escala de tempo xeolóxico