As toxinas de insectos son varias toxinas de proteína producidas por diferentes especies de insecto. A familia dos redúvidos é unha das meirandes e máis morfoloxicamente diversas familias de insectos que se alimentan de grilos, eirugas e outros insectos. Algunhas especies de redúvidos son parasitos chuchadores de sangue dos mamíferos, que mesmo se alimentan de humanos. Pódense atopar habitualmente en gran parte do mundo e o seu tamaño varía desde uns poucos milímetros ata 3 ou 4 centímetros. A saliva tóxica dos redúvidos depredadores contén unha complexa mestura de péptidos pequenos e grandes para usos diversos, como inmobilizar e predixerir as súas presas, así como a defensa contra competidores e depredadores. As toxinas de insectos redúvidos son pequenos péptidos con conectividade disulfuro que teñen como obxectivo as canles iónicass. Son relativamente homólogos aos bloqueadores de canles de calcio omega-conotoxinas dos caracois cónicos mariños e pertencen á clase estrutural de cisteína de catro asas.
Unha destas pequenas proteínas, Ptu1, bloquea reversiblemente as canles de calcio de tipo N, pero ao mesmo tempo é menos específica para as canles de calcio de tipo L ou P/Q. Ptu1 ten 34 residuos de aminoácidos e está entrecruzado por 3 pontes disulfuro. Ptu1 contén unha rexión de folla beta formada por 2 febras beta antiparalelas e consiste nun núcleo compacto unido por disulfuro do que saen catro bucles, así como os extremos N e C-terminais. Algunhas toxinas dos insectos redúvidos están listadas a continuación:
Agriosphodrus dohrni toxina Ado1. Isyndus obscurus toxina Iob1. Peirates turpis toxina Ptu1.
Notas
Categoría:Proteínas periféricas de membrana Categoría:Dominios proteicos