PANSAT, acrónimo de Petite Amateur Navy Satellite, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 29 de outubro de 1998 mediante o transbordador espacial Discovery desde Cabo Cañaveral na misión STS-95.
Características PANSAT foi un pequeno satélite deseñado e construído por estudantes e técnicos da Escola Naval de Posgraduados da Forza Aérea dos Estados Unidos. A súa finalidade foi proporcionar experiencia na construción de satélites aos estudantes e servir de satélite de comunicacións na modalidade de "gardar e enviar" usando a banda de afeccionados cunha frecuencia central nos 436,5 MHz. A taxa de envío de datos chegaba aos 9842 bps, cunha capacidade de almacenamento a bordo de 9 MB. O satélite podía ser usado tamén por estación terrestres de afeccionados mediante unha interface BBS.
Notas
Véxase tamén Outros artigos STS-95
Categoría:Satélites artificiais