Eloy Romero Luis, nado en Vilardevós o 7 de decembro de 1907 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Orfo de nai e pai, finados na gripe de 1918. Era o maior dos catro irmáns que foron acollidos polo tío da súa nai Eloy Luis André. Eloi Romero estudou Farmacia na Facultade de Ciencias da Universidad Central, licenciándose en 1931.Galicia, 6-12-1931, p. 2. Farmacéutico en Leiro, foi presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense dende o 22 de xaneiro de 1935, en substitución de Luis Fábrega Coello. En 1936 foi reelixido, pero renunciou ao cargo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 29 de xullo e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 733 Ordenouse o seu traslado á prisión de Celanova o 10 de agosto, onde ingresou o día 11. Foi procesado por excitación á rebelión na causa 217/36 xunto con Agustín Baladrón Carrera, Manuel Fernández Meira e Luis Gómez Giráldez, e xulgados en Ourense o 19 de agosto. Sobresido, foi posto a disposición gobernativa. O 28 de agosto unha orde da Comandancia Militar da praza de Celanova dada polo tenente de Carabineros Adolfo Pousa sacounos a el e a Silvio Torres Díaz da prisión do mosteiro de Celanova. Foi paseado con Julio González Álvarez, Amadeo López Bello e Silvio Torres Díaz o 29 de agosto e o seu cadáver apareceu en Poza das Ras (Ourille). Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1938.El Compostelano, 4-8-1938, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Amadeo, Eloy, Julio e Silvio (Poza das Ras, 29.08.1936) Máis sobre Eloy Romero Luis, o farmacéutico asasinado na Poza das Ras
Categoría:Farmacéuticos de Galicia
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936