Maila Elizabeth Syrjäniemi, nada en Gloucester, Massachusetts o 11 de decembro de 1922 e finada nos Ánxeles o 10 de xaneiro de 2008,Maila Elizabeth Nurmimioni [sic], Social Security Death Index foi unha actriz estadounidense coñecida como Maila Nurmi, creadora na década de 1950 da personaxe Vampira.

Traxectoria Primeiros anos Maila Nurmi era filla de (anteriormente Syrjäniemi), un inmigrante finés, e de Sophia Peterson, estadounidense de ascendencia finesa. Anteriormente houbo dúbidas sobre o seu lugar de nacemento: segundo o seu biógrafo W. Scott Poole en Vampira: Dark Goddess of Horror (2014), naceu en Gloucester, Massachusetts. Durante a súa carreira, ela afirmou que nacera en Petsamo, Finlandia, indicando que era sobriña do atleta Paavo Nurmi, que comezou a establecer récords mundiais en 1921, un ano antes do seu nacemento. Os rexistros de inmigración estadounidense mostran que o seu pai entrou en Ellis Island en 1910. Ademais, Dana Gould informou nunha entrevista en 2014 que vira o certificado de nacemento de Nurmi, que indicaba como o seu lugar de nacemento Gloucester. No seu diario persoal, Nurmi admitiu que a historia de Petsamo era ficticia.

Chegou á cidade dos Ánxeles aos dezasete anos e posteriormente marchou a Nova York. Traballou como modelo para Alberto Vargas, Bernard of Hollywood e Man Ray, o que a lanzou á industria do cinema cun pequeno papel no filme If Winter Comes (1947), de Victor Saville. Posou tamén para fotografías pin-up en revistas de homes como Famous Models, Gala e Glamorous Models. Cóntase ademais que foi despedida por Mae West da obra de Broadway de 1944a Catherine Was Great porque West pensou que podía eclipsala.

Orixe de Vampira A idea para a personaxe de Vampira naceu en 1953, cando Nurmi acompañou o coreógrafo Lester Horton no baile anual Caribe Masquerade vestida coma unha das personaxes dos cadriños de Charles Addams no xornal The New Yorker. A súa aparición cun vestido negro cinxido e coa súa pel branca e pálida atraeu a atención do produtor televisivo Hunt Stromberg Jr., que a contratou como presentadora de filmes de terror para unha canle de televisión dos Ánxeles, KABC-TV. Tras varias dificultades para contactar con ela, conseguiu o seu número de teléfono a través de Rudi Gernreich. O nome "Vampira" foi unha idea de Dean Riesner, marido de Nurmi.

O 30 de abril de 1954, a KABC-TV anunciou a presentación do programa Dig Me Later, Vampira ás once da noite. The Vampira Show estreouse o 1 de maio de 1954 e durante as primeiras catro semanas o programa emitiuse á media noite, para pasar ás once a partir do 29 de maio. Dez meses despois, desde o 5 de marzo de 1955, o programa pasou a transmitirse ás dez e media. No seu papel de Vampira, Nurmi presentaba os filmes mentres percorría unha sala chea de néboa e arañeiras. Moitas veces incluía no guión bromas e xiros macabros, ofrecía epitafios en lugar de autógrafos aos seus admiradores e falaba coa súa mascota, unha araña chamada Rollo. Cando o programa se cancelou en 1955, Maila Nurmi conservou os dereitos da súa personaxe Vampira e pasou a presentar un programa doutra canle, a KHJ-TV. Consérvanse varios programas e un anuncio en coleccións privadas.

Nurmi fixo historia na televisión como a primeira presentadora de filmes de terror. En 1957, Screen Gems emitiu un ciclo de 52 filmes baixo o título Shock Theather. A partir de entón, as cadeas televisivas das grandes cidades estadounidense comezaron a emitir este tipo de filmes, engadindo os seus propios presentadores con estética macabra.

Foi candidata aos premios Emmy na categoría de Mellor Personaxe Feminina en 1954 e participou en filmes como Too Much, Too Soon, The Big Operator e The Beat Generation. A súa aparición máis coñecida no cinema foi no filme de Ed Wood Plan 9 from Outer Space (1956), como unha vampiresa que era resucitada por uns extraterrestres. En 1960 apareceu en I Passed for White e Sex Kittens Go to College, aos que seguiu The Magic Sword (1962).

Vida persoal En 1949 casou con Dean Riesner, antigo actor infantil en filmes mudos e posteriormente guionista de Harry o sucio, Charley Varrick, Play Misty for Me e outros filmes e capítulos de series de televisión. O 10 de marzo de 1958 casou con John Brinkley, actor máis novo ca ela, e o 20 de xuño de 1961 casou co actor Fabrizio Mioni no Condado de Orange, California.Ancestry.com, California Marriage Index, 1960–1985 [database on-line], Provo, Utah, U.S.: The Generations Network, Inc., 2007.

O 20 de xuño de 1955 un home intentou asasinala no seu apartamento, onde a mantivo secuestrada durante catro horas. Finalmente conseguiu escapar e chamar a policía coa axuda dun tendeiro local.Skal, D. J. (1993). The Monster Show: A Cultural History of Horror. p. 245. Penguin Books.

Nurmi faleceu por causas naturais no seu fogar de Hollywood o 10 de xaneiro de 2008, aos 85 anos.

Na cultura popular "Vampira" foi interpretada por Lisa Marie no filme Ed Wood, dirixido por Tim Burton.

O exame dos diarios de Nurmi en 2014 polo cineasta e xornalista R. H. Greene verificou os rumores de que en 1956 ela foi a modelo para Maleficent, a bruxa malvada da versión de Disney da "Bela dormente". Un arquiveiro de Disney confirmou posteriormente os achados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Vampira's Attic BoxOffice Magazine interview Vampira: The Movie Entrevista na revista Bizarre Vampira en CultSirens.com Texto completo do proceso xudicial do caso Maila Nurmi contra Cassandra Peterson Esquela publicada en The Times Outros artigos Cassandra Peterson

Categoría:Nados no condado de Essex, Massachusetts Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América