Conyza canadensis (sinónimo Erigerum canadensis), é unha especie de planta con flor, herbácea da familia Asteraceae, nativa de Norteamérica, aínda que xa está estendida polos cinco continentes. En Galicia está catalogada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]

Descrición É unha planta herbácea anual que mide 3-18 dm de altura. O seu talo é fráxil e de cor verde, acanalado e erecto moi ramificado, con follas lanceoladas e agudas. As inflorescencias agrupadas en acios de capítulos florais numerosos e hemisféricos, formando unha panícula compacta e alargada. miniatura miniatura miniatura|Ilustración.

Propiedades

Polos seus taninos é adstrinxente e antidiarréico. Utilizado como diurético ao estimular a secreción de ácido úrico contra a gota e o reuma. Tamén usado en cistitis e arrefriados. O talo seco pódese utilizar como vara para facer lume de fricción. É útil para problemas gastrointestinais, evita hemorraxias gástricas.

Taxonomía Conyza canadensis foi descrita por (L.) Cronquist e publicada en Bulletin of the Torrey Botanical Club 70(6): 632. 1943.

Etimoloxía

Conyza: nome xenérico que deriva do grego konops = "pulga", ou konis = "po", referíndose ao po da planta seca que se utiliza para repeler insectos non desexados.

canadensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización no Canadá.En Nombre Botánicos

Sinonimia

Aster canadensis (L.) E.H.L. Krause Caenotus canadensis (L.) Raf. Caenotus pusillus (Nutt.) Raf. Conyza canadensis var. glabrata (A. Gray) Cronquist Conyzella canadensis (L.) Rupr. Erigeron canadense var. pusillus (Nutt.) B.Boivin Erigeron canadensis L. Erigeron canadensis f. coloratus Fassett Erigeron canadensis var. glabratus A.Gray Erigeron canadensis var. grandiflorus Schwein. Erigeron canadensis var. levis Makino Erigeron canadensis var. strictus Farw. Erigeron myriocephalus Rech.f. & Edelb. Erigeron setiferus Post ex Boiss. Erigeron strictus DC. Leptilon canadense (L.) Britton & A.Br. Leptilon pusillum (Nutt.) Britton Marsea canadensis (L.) V.M.Badillo Senecio ciliatus Walter Trimorpha canadensis (L.) Lindm. Erigeron pusillus Nutt. Tessenia canadensis (L.) Bubani Inula canadensis (L.) Bernh. Erigeron ruderalis Salisb. Erigeron paniculatus Lam.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas http://www.tela-botanica.org/eflore/BDNFF/4.02/nn/18836/synonymie Marestail Reference ITIS Report: Conyza canadensis Germplasm Resources Information Network: Conyza canadensis

Categoría:Plantas invasoras Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas medicinais