Cotula coronopifolia é unha especie da subfamilia Asteroideae. En Galicia está catalogada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]

Descrición Herba aplicada ao chan, forma raíces en diferentes partes dos talos. As follas son enteiras, brillantes e alongadas. Os capítulos sitúanse sobre longos pedúnculos; estes capítulos son amarelos con todas as flores tubulares.

Distribución e hábitat Esta especie é orixinaria de África do sur e naturalizouse nas Baleares (Albúfera de Muro), Australia, Nova Zelandia, oeste dos Estados Unidos de América, América Central, Suramérica, e illas do Atlántico Sur. Vive nas marxes de charcas e canles, en lugares con chans moi húmidos. Florece no verán.

Como especie invasora Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en Baleares a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Fitoquímica As cotuzinas A e B son pseudoalcaloides obtidos do extracto butanólico das partes aéreas (talos e follas) de Cotula coronopifoliaMohamed Ali Mahjoub, Samia Ammar, Kaouther Majouli, Zine Mighri. "TWO NEW ALKALOIDS AND A NEW POLYPHENOLIC COMPOUND FROM Cotula coronopifolia" Chemistry of Natural Compounds (2012) V.47(6):955-958

Taxonomía Cotula coronopifolia foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 2: 892. 1753.

Sinonimia

Cotula coronopifolia var. integrifolia Rodway Cotula integrifolia Hook.f. Cotula montevidensis Spreng. Lancisia coronopifolia (L.) Rydb.Cotula coronopifolia en PlantList

Notas

Véxase tamén Bibliografía Abrams, L. & R. S. Ferris. 1960. Bignonias to Sunflowers. 4: 732 pp. In L. Abrams Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford. Brako, L. & J. L. Zarucchi. (eds.) 1993. Catalogue of the Flowering Plants and Gymnosperms of Peru. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 45: i–xl, 1–1286. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Dillon, M. O. 1981. Family Compositae: Part II. Tribe Anthemideae. Flora of Peru. Fieldiana, Bot., n.s. 7: 1–21. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20150906080403/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.

Ligazóns externas USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. https://web.archive.org/web/20090508123249/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?316639 (26 de maio de 2009)

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas invasoras