Eugene Francis "Gene" Kranz, nado o 17 de agosto de 1933 en Toledo, Ohio, é un enxeñeiro aeroespacial Estados Unidos que traballou para a NASA.
Traxectoria Gene Cranz graduouse en enxeñería aeronáutica na Universidade de Saint Louis en 1954. Entrou como tenente segundo na reserva da Forza Aérea dos Estados Unidos, completando o seu adestramento como piloto na Base Lackland da Forza Aérea en Texas en 1955. Pouco despois de recibir as súas ás casou con Marta Cadena, de orixe mexicano. Kranz participou na Guerra de Corea, despois do cal deixou a Forza Aérea para traballar para a McDonnell Aircraft Corporation e máis tarde para a NASA, onde traballo de 1960 a 1964 para a sección de Operacións de Control de voo, desenvolvendo as reglas a usar polos directores de voo durante as misións espaciais tripuladas. Foi director de voo no programa Gemini, entre 1964 e 1968, mentres que entre 1969 e 1973 foi xefe da División de Control de Voo, director de voo dos programas Apollo e Skylab. Kranz foi director de voo durante a misión Apollo 11 e tamén durante a Apollo 13. Despois da finalización do programa Skylab foi ascendido a director adxunto de Operacións de Voo e en 1983a director de Operacións de Misión. En 1994 retirouse da NASA.
Notas
Véxase tamén Outros artigos NASA Skylab Proxecto Apollo Programa Gemini
Categoría:Persoal da NASA Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Ohio