Victorino Quintana Vázquez, coñecido como Campelo, nado en Chantada cara a 1916 e finado en Vilelos (O Saviñao) o 17 de decembro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e formou parte do grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada, comandados por Salvador Valcárcel Montenegro. Participou no asalto á sucursal do Banco Pastor en Chantada. O grupo desfíxose trala morte pola Garda Civil de Salvador Valcarcel e outros dous guerrilleiros da partida en Adá o 11 de abril de 1939. Foi xulgado en Lugo na causa 812/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo Xulgado Militar de Vigo en decembro de 1939 xunto con Jesús López Suárez e Benjamín Argiz Fiunte.El Pueblo Gallego, 16-12-1939, p. 2. Cando o grupo estaba refuxiado nunha casa de Vilelos (O Saviñao) para curar unha ferida casual nun pé do guerrilleiro Benjamín Argiz Fiunte, a Garda Civil rodeou a casa o 17 de decembro de 1939 e disparou contra os ocupantes. Victorino foi morto ás 7 horas. Os outros membros do grupo Salvador Gil Moure e Jesús López Suárez lograron fuxir. Benjamín Argiz foi detido e trasladado a Chantada onde o asasinaron días despois.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en 1916 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes