Moeda de 5 centavos de dólarLiberty Head "5 Cents "Liberty Nickel" without "CENTS"". Numista.com"5 Cents "Liberty Nickel" with "CENTS"". Numista.com130x130pxAnverso común(1883-1913)Cabeza da Liberdade coroada.130x130px130x130px1º reverso (1883)Valor. Grilanda floral. UNITED STATES OF AMERICAE PLURIBUS UNUM2º reverso (1883-1913)Valor. Grilanda floral.UNITED STATES OF AMERICAE PLURIBUS UNUMCENTS Valor: 5 centavos de dólar. Gravador: Charles E. Barber. Data de emisión: 1883-1913. Ceca: US Mint: Filadelfia (sen marca), Denver (D), San Francisco (S). Tiraxe: 602.086.412 exemplares (+ 85.142 proof) Aliaxe: 75 % cobre e 25 % níquel. Diámetro: 21,21 mm. Peso: 5,00 g. Canto: liso.
A moeda de 5 centavos de dólar Liberty Head é unha moeda estadounidense dese valor facial cuñada en cuproníquel pola Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 1883 ata 1913, caracterizada pola imaxe da deusa da Liberdade do seu anverso.
A anterior moeda de 5 centavos Shield, tamén de cuproníquel, amosara problemas de produción durante moito tempo e, a principios da década de 1880, o gravador xefe da Casa da Moeda, Charles Barber, recibiu instrucións de preparar o deseño dunha nova moeda de 5 centavos. Logo de aprobado o modelo proposto, a nova moeda entrou en produción en 1883. Durante case trinta anos producíronse grandes cantidades de moedas con este deseño para satisfacer a demanda comercial, sinaladamente á medida que se popularizaban as máquinas que funcionaban con moedas.
A partir de 1911, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a traballar para substituír o deseño da cabeza da Liberdade, e en febreiro de 1913 empezouse a producir a nova moeda de 5 centavos Buffalo.
Aínda que oficialmente non se cuñaron moedas de 5 centavos coa cabeza da Liberdade en 1913, coñécese a existencia de cinco exemplares. Non se sabe con certeza como se orixinaron estas pezas, que están entre as máis raras e caras do mundo: unha delas vendeuse en 2018 por 4,5 millóns de dólares.
Antecedentes O industrial Joseph Wharton, que tiña intereses na minaría e a produción de níquel, influíra na decisión de utilizar este metal na cuñaxe de moedas a mediados da década de 1860, o que levou á introdución da moeda de 5 centavos Shield en 1866.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 136. Mais a produción daquela moeda presentara dificultades desde o seu comezo, xa que o seu deseño provocaba que a calidade final da cuñaxe non fose satisfactoria, e os cuños tiñan unha idade útil moi reducida. As modificacións do deseño non lograron resolver os problemas técnicos, polo que a Casa da Moeda comezou a considerar a substitución do deseño xa en 1867. Así e todo, a cuñaxe do modelo Shield mantívose.Lange, D. W. (2006). Páxina 123. miniatura|O gravador xefe da US Mint, Charles E. Barber, creador dos 5 centavos Liberty Head. A finais da década de 1870, cando a produción de moedas de cuproníquel de 5 centavos estaba atrasada e a das moedas de 3 centavos case esmorecía, Wharton tratou de aumentar as súas vendas de níquel á Casa da Moeda dos Estados Unidos. Aínda que as moedas de cuproníquel só se cuñaban en pequenas cantidades, o centavo de bronce representaba unha parte importante da produción da Casa da Moeda, e Wharton comezou a facer presión para que esa moeda se cuñase tamén en cuproníquel.
En 1881, esta presión levou o superintendente da Ceca de Filadelfia, Archibald Loudon Snowden, a ordenar ao gravador xefe, Charles Barber, que elaborase deseños uniformes para unha nova serie de cuproníquel composta pola moeda dun centavo, a de 3 centavos e a de 5 centavos. Snowden informou a Barber de que os deseños propostos debían incluír no anverso unha cabeza clásica da Liberdade coa lenda LIBERTY ("Liberdade") e a data, en tanto que o reverso debía amosar unha coroa de trigo, algodón e millo arredor dun número romano que designase o valor facial da moeda; xa que logo, a moeda de 5 centavos debía ter o número romano "V".Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 6. A proposta para o centavo reduciría o seu tamaño a 16 milímetros e o seu peso a 1,5 gramos, e as modificacións para a peza de 3 centavos aumentarían o seu tamaño a 19 milímetros e o seu peso a 3 gramos. A moeda de 5 centavos mantería o seu peso de 5 gramos do modelo anterior, aínda que o seu diámetro aumentaría ata os 22 milímetros.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 139.
Deseño Barber produciu os deseños necesarios; o correspondente á moeda de 5 centavos amosaba un retrato similar ao finalmente adoptado para o anverso, mais coa inscrición UNITED STATES OF AMERICA e a data. No reverso aparecía a coroa vexetal que rodeaba o "V", sen ningunha outra inscrición. Ese mesmo ano, modificouse o deseño para engadir o lema nacional IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos").Bowers, Q. D. (2006). Páxinas 252-253. Snowden decidiu que as moedas propostas dun centavo e de 3 centavos serían demasiado pequenas para un uso efectivo, pero Barber continuou a traballar na de 5 centavos, co tamaño xa axustado a 21,21 milímetros.
Un dos exemplares que se cuñaron durante a fase de proba presentaba cinco amosegas equidistantes no canto da moeda. Esta "moeda para cegos" cuñouse por petición do congresista e antigo xeneral da Unión William S. Rosecrans, quen declarou que moitos dos seus colegas en tempos de guerra quedaran cegos por causa do combate ou das doenzas. Finalmente, estas amosegas non chegaron á versión aprobada da moeda para a súa produción.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 12. miniatura|279x279px|Proba cuñada por Barber en 1882 co nome do país no anverso, que se trasladou ao reverso na versión finalmente aprobada."Lot #4033. Auction #1184". Heritage Auctions. 25 de abril de 2013. Barber reelaborou o seu deseño en 1882, engadindo o lema E PLURUBUS UNUM no reverso, e a finais do ano recibiu o visto e prace das autoridades da Casa da Moeda, e enviáronse a Washington 25 exemplares cuñados como proba para que o secretario do Tesouro, Charles J. Folger, dese a súa aprobación, en principio rutineira. Para sorpresa de Snowden, Folger rexeitou o deseño xa que, ao revisar os estatutos de cuñaxe, se decatara de que a lei exixía que a expresión UNITED STATES OF AMERICA figurase no reverso, e non no anverso, como estaba no deseño de Barber. Folger consultou co propio presidente, Chester Arthur, quen lle confirmou a exixencia legal. Aínda que Snowden suxeriu que se fixese unha excepción, o secretario Folger negouse e Barber tivo que modificar o seu deseño para cumprir coa normativa. Finalmente, o seu deseño revisado foi aprobado, e a moeda ficou lista para a súa cuñaxe a principios de 1883.Bowers, Q. D. (2006). Páxinas 140-141.
Produción A cuñaxe das novas moedas comezou o 30 de xaneiro de 1883, e a Casa da Moeda puxo as primeiras pezas en circulación o 1 de febreiro.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 143. Snowden, preocupado polos informes acerca da especulación coas moedas de 5 centavos Shield de 1883 en versión proof —fondo espello e relevo mate—, cuñadas para os coleccionistas, recibiu permiso o 6 de febreiro para seguir cuñando as do anterior modelo durante varios meses, xunto coas novas do modelo Liberty Head.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 95.
Nun principio, non se considerara necesario inscribir na moeda a expresión CENTS ("centavos");"1883 Liberty Nickel without CENTS". Libertynickel.net de feito, tanto as moedas de 3 centavos de prata como as do mesmo valor de cuproníquel circularan durante anos unicamente co correspondente número romano (III) como expresión do seu valor facial.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 140. Mais os estafadores decatáronse de camiño de que o diámetro da nova moeda de 5 centavos era moi similar ao da moeda de ouro de 5 dólares, e se bañaban en ouro a moeda de 5 centavos resultaría doado póla en circulación simulando ser de 5 dólares.Montgomery, P. et al. (2005). Páxinas 27-29. Nalgúns casos, os estafadores chegaron a aplicar estrías no canto das moedas para aumentaren a súa semellanza coas moedas de ouro de 5 dólares.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 46. Cóntase que un dos autores desta fraude era un home chamado Josh Tatum, que entraba nunha tenda, elixía un artigo que custase cinco centavos ou menos e ofrecía a peza bañada en ouro como pagamento, polo que moitos dependentes lle daban 4,95 dólares de cambio. Segundo esta historia, a lei non podía recorrer contra Tatum, xa que el ofrecera o valor que lle pediran pola súa compra e simplemente de limitaba a aceptar o cambio como agasallo.
A fraude do baño en ouro das moedas de 5 centavos Liberty Head causou consternación na Casa da Moeda e provocou a interrupción repentina da súa produción. Así as cousas, pedíuselle a Barber que modificase o seu deseño, o que levou a cabo movendo outros elementos do reverso para acomodar a palabra CENTS no exergo desa face da moeda."1883 Liberty Nickel with CENTS". Libertynickel.net Esta versión revisada comezou a cuñarse o 26 de xuño de 1883, data en que se detivo definitivamente a produción do anterior modelo de 5 centavos Shield. A poboación respondeu acaparando as primeiras moedas de 5 centavos nas que non aparecía a palabra CENTS,Montgomery, P. et al. (2005). Páxina 29. alentada polas noticias de que o Departamento do Tesouro tiña a intención de retiralas da circulación, polo que se prevía que se converterían en pezas raras.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 145.
Logo das grandes tiraxes da moeda en 1883 e 1884,"1884 Liberty Nickel". Libertynickel.net a súa produción foi moito menor en 1885 e en 1886,"1885 Liberty Nickel". Libertynickel.net"1886 Liberty Nickel". Libertynickel.net por mor da recesión económica, que reduciu a demanda de moedas en circulación. A tiraxe de 1886 tamén se viu minguada pola decisión do Tesouro de recuñar un gran número de moedas menores desgastadas, o que mantiña a Casa da Moeda ocupada con ese labor. Non foi ata setembro de 1886 cando a Casa da Moeda retomou a produción completa da moeda de 5 centavos,Bowers, Q. D. (2006). Páxinas 184-186. e en 1887 chegou a verse desbordada polos pedidos, polo que tivo que fundir grandes cantidades de moedas antigas de cuproníquel para satisfacer a demanda. Malia estes esforzos, a Casa da Moeda viuse obrigada a devolver moitos pedidos sen satisfacer.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 108. A demanda mantívose forte ata 1894, cando a Casa da Moeda suspendeu temporalmente a produción, xa que acumulara un excedente durante o Pánico de 1893.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 122.
A Lei da Moeda de 1890 retirou varios valores faciais obsoletos, entre eles o de 3 centavos. Outra lei do Congreso, tamén promulgada o 26 de setembro de 1890, exixía que os deseños das moedas non se cambiasen ata que levasen en uso polo menos vinte e cinco anos, a menos que o Congreso autorizase o cambio.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 149. No entanto, a segunda lei indicaba que nada impedía o redeseño da vixente moeda de 5 centavos e do dólar de prata "tan axiña como sexa factible despois da aprobación desta lei".Richardson, W. A., ed. (1891). Páxinas 806-807. 26 Stat L. 484, amendment to R.S. §3510. En 1896, cuñáronse exemplares en proba de 5 centavos por primeira vez desde 1885, cando se cuñaran moedas experimentais con perforación central. As pezas de 1896, que amosaban un escudo sinxelo con frechas cruzadas detrás, cuñáronse en resposta a unha resolución da Cámara de Representantes pola que se pedía ao secretario do Tesouro que informase sobre as vantaxes e as desvantaxes do uso de diversas aliaxes na cuñaxe de moedas.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 261. Ata 1909 non se volveron cuñar exemplares de proba de moedas de 5 centavos.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 14.