A lingua tongva (tamén coñecida como gabrielino ou gabrieleño) é unha lingua mortaGlottolog 4.4 – TongvaGabrielino-Fernandeño –- MultiTree da familia uto-azteca, falada outrora polo pobo tongva, un pobo indíxena que habitou arredor da actual cidade dos Ánxeles, en California. Non é unha lingua de fala cotiá dende os anos corenta. O pobo tongva agora fala inglés, mais algúns están tentando revivir a súa lingua usándoa en conversacións cotiás e contextos cerimoniais. No presente, a lingua tamén se está a utilizar en clases de dinamización lingüística e nalgún debate público sobre cuestións relixiosas e ambientais. O tongva está estreitamente relacionado coa lingua serrano. Os nomes de varias cidades e barrios do sur de California son de orixe tongva, incluíndo Pacoima, Tujunga, Topanga, Azusa, Cahuenga no paso de Cahuenga e Cucamonga no Rancho Cucamonga.

Os derradeiros falantes nativos de tongva viviron a comezos do século XX. A lingua está documentada principalmente nas notas de campo inéditas de John Peabody Harrington feitas durante esa época. O "Proxecto J.P. Harrington", desenvolvido por The Smithsonian a través da Universidade de California, Davis, codificou para a súa documentación aproximadamente 6.000 páxinas das súas notas sobre a lingua tongva, traballo realizado por un membro tongva durante tres anos. Non se comprobou se uns supostos falantes nativos de tongva faleceron na década de 1970. O tongva está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O planetoide 50000 Quaoar recibiu o nome do deus creador tongva.

miniatura|esquerda|Mrs. James Rosemeyre (nada como Narcisa Higuera), fotografada aquí en 1905, foi unha dos últimos falantes fluídos de tongva. Un informante para o etnógrafo C. Hart Merriam, foi a fonte do endónimo amplamente utilizado tongva.

Notas

Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Linguas tákicas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo tongva