Lovesendo Ramírez (ou Ramires), nado c.940 e morto c.1020, foi un nobre da Península Ibérica medieval, príncipe infante do Reino de Galiza ao ser fillo de Ramiro II.
Familia Era fillo do rei Ramiro II e de Onega, a súa terceira esposa. Lovesendo casou cunha nobre de orixe musulmá, Zayra Ibn Zayda (c. 940 -?) que tras o matrimonio cambiou o seu nome polo de Ortega, filla de Zaydan Ibn Zayd (883 -?) e Aragunte Fromariques (c.890 -?). Que se seipa tiveron un só fillo:
Aboazar Lovesendez (960 -?) o primeiro Señor de Maia e casado con Unisco Godinhez (943 -?) filla de Godinho de Asturias (913 -?).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de monarcas de Galicia
Categoría:Príncipes Categoría:Nobres de Galicia do século X Categoría:Nobres de Galicia do século XI