Orville H. Gibson, nado o 8 de maio de 1856, e finado o 19 de agosto de 1918, foi un luthier que fundou a Compañía de Guitarras Gibson en Kalamazoo, Míchigan en 1902 para a fabricación de guitarras, mandolinas e outros instrumentos musicais.

Os seus primeiros instrumentos coñecidos foron unha mandolina-guitarra de 10 cordas, que leva a data de 1894. As mandolinas de Gibson eran "diferentes a calquera instrumento de fondo plano previo", segundo o historiador da música Paul Sparks. Os estándares de fabricación da súa compañía eran moi altos e os seus instrumentos vendéronse moito.

Vida Orville H. Gibson naceu en 1856 nunha granxa preto de Chateaugay, condado de Franklin, Nova York. Era o máis novo dos cinco fillos de John W. Gibson, que era inglés, e Amy Nichols Gibson, que era americana de Peru, Nova York.

A súa compañía de instrumentos musicais creouse en 1902. Estivo varias veces no hospital entre 1907 e 1911. En 1916, foi de novo hospitalizado e morreu o 19 de agosto de 1918 aos 62 anos de idade, no St. Lawrence State Hospital en Ogdensburg, Nova York. Gibson está enterrado no cemiterio de Morningside en Malone, Nova York.

Gibson naceu en Chateaugay, Nova York. Segundo o censo federal de EUA de 1900, naceu en maio, e o seu obituario publicado en The Malone Farmer o 21 de agosto de 1918, afirma que morreu o 19 de agosto e o seu funeral celebrouse en casa do seu irmán O. M. Gibson o 21 de agosto.

Novo estilo de mandolina

Gibson empezou a construír instrumentos en 1894 no obradoiro da súa casa en Kalamazoo, Míchigan, e patentou o seu estilo de fabricar mandolinas en 1898. Non tivo un adestramento formal para ese oficio, pero creou un estilo completamente novo de mandolina e guitarra que seguía o deseño dos violíns, coa parte superior curvada e a inferior tallada dándolle forma, en lugar de sometida a presión e dobrada, arqueada como a parte superior dun violín. Solicitou e concedéronlle a patente deste deseño.US 598245 , Gibson, Orville, "Mandolin", publicada en 1898 As partes laterais tamén estaban talladas nun só bloque de madeira, en vez de estaren feitas de táboas de madeira dobradas. Aínda máis importante era o feito de que soaban máis forte e eran máis duradeiras que os instrumentos contemporáneos con trastes e os músicos axiña demandaron máis dos que podía construír na súa tenda na que só traballaba el.

miniatura|esquerda|250px|No seu anuncio publicitario de 1908, Gibson promovía agresivamente a idea de que as súas mandolinas representaban o progreso. Falaba mal das antigas mandolinas de fondo redondeado chamándolles "bichos pataca" (un tipo de ortóptero coñecido así en Norteamérica e tamén chamado "grilo de Xerusalén"), varrido ao mar morto pola "vasoira da nova era". Para citar un artigo dunha revista on line que foi arquivado. Aproveitando a forza das ideas de Gibson, cinco homes de negocios de Kalamazoo formaron a Gibson Mandolin-Guitar Mfg. Co., Ltd., en 1902. A compañía comezou a funcionar en pouco tempo, e a xunta da compañía aprobou a moción de que "Orville H. Gibson sexa pagado só polo tempo real que traballe para a Compañía." Despois dese tempo, non hai unha indicación clara de se traballaba alí a tempo completo ou só como asesor. Desde 1908 Gibson recibía un salario de 500 dólares da Gibson Mandolin-Guitar Manufacturing Co., Limited (equivalente a 20,000 dólares ao ano da época actual). Julius Bellson dixo na súa obra de 1973 titulada The Gibson Story, que "Orville Gibson tiña visións e soños que eran considerados excéntricos."

El e a súa compañía usaron mestres de música para comercializar os seus instrumentos, e imprimían moitos anuncios para desprazar do mercado as vellas mandolinas de fondo redondeado. Tiveron moito éxito no mercado das mandolinas, eliminando a produción dos instrumentos de fondo redondeado nos Estados Unidos. As súas guitarras tiveron moita influencia tamén e os padróns das súas guitarras aínda son recoñecibles nas modernas guitarras de jazz.

Segundo George Gruhn, a idea de tallar as partes superiores e inferiores dos instrumentos parece que se iniciou con Gibson e non estaba baseada en ningunha tradición anterior de construción de mandolinas ou guitarras. Aínda que se inspirou no tallado de violíns, non usou as técnicas de fabricación de violíns ou padróns de construír instrumentos.

A súa compañía, coa axuda do deseñador de instrumentos e enxeñeiro de son Lloyd Loar, producía a mandolina Gibson F-5, que, segundo dixo o historiador da música P. Sparks, é recoñecida como "a mandolina de fondo plano de mellor calidade nunca producida." Loar tamén deseñou a guitarra L-5. Entre os cambios que introduciu Loar estaba o orificio en f en vez do buraco de son oval ou redondo, outra característica das familia dos violíns importada ás mandolinas. As mandolinas son apreciadas por músicos de bluegrass, pero producen sentimentos encontrados de admiración ou desprezo entre os músicos clásicos para os que foron deseñados. A guitarra L-5 adoptárona moitos músicos de jazz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Imaxes de instrumentos históricos gibson e historia A guitarra máis antiga coñecida de Orville Gibson A última mamdolina coñecida de Orville Gibson

Categoría:Lutieres