miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Ghana, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Ghana ratificou a convención o 4 de xullo de 1975, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Ghana Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Fortes e castelos das rexións de Volta, Grande Accra, Central e Occidental200px|Rexión de Volta, Grande Accra, Central e Occidental 1979 34; VI (cultural)02Edificios tradicionais ashantis200px|Rexión de Ashanti 1980 35; V (cultural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional para a súa consideración como nomeamentos. As candidaturas para a lista só se aceptan se o sitio xa estivo na lista provisional.

+ Sitios do Patrimonio Mundial Site Imaxe Localización (Rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónParque Nacional Mole150pxRexión de Savannah2000VII, VIII, IX, X (natural)Tenzug - Asentamentos talensi150pxRexión do Alto Leste2000I, II, V, VI (cultural)Catedral católica de Navrongo150pxRexión do Alto Leste2000(cultural)Rutas comerciais de peregrinación do noroeste de Ghana200pxRexión de Ahafo, Rexión de Bono, Rexión de Bono Leste, Nordeste, Rexión Norte Rexión de Savannah, Rexión do Alto Leste2000I, II, III, IV (cultural)Parque Nacional de Kakum (Reserva de Assin Attandanso)150pxRexión Central2000VII, X (natural)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país