A lingua timbisha (tümpisa) ou panamint (tamén chamada koso) é a lingua do pobo timbisha que habitou a rexión de Death Valley, California, e os seus arredores, así como no sur do val Owens dende a prehistoria tardía. Hai algúns anciáns que poden falar a lingua en California e Nevada, mais ningún é monolingüe e todos usan o inglés regularmente na súa vida diaria. Ata finais do século XX, o pobo chamábase a si mesmo e á súa lingua "shoshone". A tribo conseguiu entón o recoñecemento federal baixo o nome de Death Valley Timbisha Shoshone Band of California. Esta é unha ortografía anglicizada do nome nativo de Death Valley, tümpisa, pronunciado , que significa "pintura rupestre" e refírese ás ricas fontes de ocre no val. O timbisha tamén é a lingua dos chamados grupos "shoshone" de Bishop, Big Pine, Darwin, Independence e Lone Pine en California, e a comunidade Beatty en Nevada. Tamén era a lingua que se falaba na antiga reserva Indian Ranch no val de Panamint. O timbisha está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación O timbisha é unha das linguas númicas centrais da familia de linguas uto-aztecas. Está estreitamente relacionada co shoshone e co comanche.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Panamint language overview at the Survey of California and Other Indian Languages Linguist List map of Panamint How to count in Timbisha OLAC resources in and about the Panamint language

Categoría:Linguas númicas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América