A lingua náhuatl de Tabasco é unha variedade da lingua náhuatl falada por unhas 30 persoas do pobo náhuatl en Cupilco, no estado mexicano de Tabasco. A lingua pertence á rama oriental do grupo de linguas nahuas e presenta unha serie de características diverxentes.Tabasco Nawat: A *not* extinct Nahuatl variety Está relacionada coas variedades de Mecayapan, Tatahuicapan de Juárez, Cosoleacaque e tamén está emparentado coa lingua pipil do Salvador.García de León, p. 267

É a variante máis oriental en territorio mexicano, da cal quedan arredor de 30 falantes que residen na comunidade de Cupilco, no concello tabasqueño de Comalcalco. Está clasificado segundo o centro de investigacións Ethnologue na categoría de “8b”, é dicir, case extinto.Náhuatl tabasqueño O náhuatl de Tabasco está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía García de León, Antonio. “La lengua de los ancianos de Jalupa, Tabasco”, en Estudios de Cultura Nahuatl, vol. 7, 1967.

Categoría:Lingua náhuatl Categoría:Linguas de México