miniatura|Muller recollendo auga en Machaze (Mozambique) O dereito á auga e o saneamento é un dereito humano recoñecido pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas no ano 2010.

A comezos da década de 2020 a falta de saneamento seguro é un problema de saúde pública (favorece a aparición de doenzas infecciosas) e ambiental que padecen uns 4 500 millóns de persoas no mundo. Outros 2 100 millóns non teñen acceso á auga potable no seu fogar.

Aínda que a Declaración Universal dos Dereitos Humanos establece nos seus artigos 3 e 25 os alicerces do dereito á auga e o saneamento, e a que outros convenios internacionais recoñecen estes dereitos, especialmente o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos de 1966, non foi ata o 28 de xullo de 2010, que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas os fixou como dereitos humanos mediante a adopción da Resolución A/RES/64/292.

Recoñecemento miniatura|Depósito de auga en Fortín Caballero (Paraguai) A Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1947 recoñece no artigo 3 que "todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa" e no 25 que calquera ten "dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios" mais en ningún dos dous casos precisa concretamente o acceso á auga potable. Con todo, a partir do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos de 1966 a cuestión foi abordada en cumios e convencións posteriores. Deste xeito, na primeira conferencia da ONU sobre a auga, celebrada en Mar del Plata no ano 1977, declarou que todas as poboacións tiñan dereito ao acesso á auga potable na calidade e cantidade suficiente como para cubrir as súas necesidades e no seu Plan de Acción instou a que cada estado fixase uns fitos para garantir o acceso en 1990. Ademais, na Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller aprobada no ano 1979, compromete aos ratificantes a garantir o acceso á auga e saneamento; e a Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989, pide acceso á auga potable limpa para os menores.

No ano 2000, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Resolución 54/175 que afirmaba que o acceso ao alimento e á auga potable son dereitos esenciais e nos Obxectivos do Milenio, se ben non se explicita o dereito, si que urxe a reducir á metade a proporción de poboación sen acceso á auga potable e os servizos de saneamento no ano 2015.

En 2005, un informe do Relator especial para o Consello Económico e Social das Nacións Unidas determinou que o dereito á auga e o saneamento é un dereito humano, e en base a este informe, o Consello de Dereitos Humanos solicitou ao Alto Comisionado de Dereitos Humanos a explorar a visión dos Estados sobre esta cuestión, as implicacións e obrigacións para o acceso á auga limpa e o saneamento. Finalmente a Asemblea Xeral recoñeceu o acceso á auga potable e o saneamento como un dereito humano grazas á Resolución A/RES/64/292. A resolución foi proposta por Bolivia e contou co voto favorable de 122 países e 41 abstencións. A loita das Nacións Unidas para garantir este dereito está recollida como o sexto Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Auga potable Saneamento

Ligazóns externas

Os dereitos á auga e o saneamento na Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas sobre Dereitos Humanos

Categoría:Dereitos humanos