Concepción Liaño Gil, máis coñecida como Concha Liaño, nada en Épinay-sur-Seine (Francia) o 24 de novembro de 1916 e finada en Caracas (Venezuela) o 19 de abril de 2014, foi unha activista anarquista. Cofundadora do movemento Mujeres Libres, participou na revolución social española do 1936.
Traxectoria Pasou a infancia en Barcelona, onde estudou un ano na Escola Francesa da cidade e dous anos coas monxas salesianas. Aos 15 inscribiuse nas Juventudes Libertarias. En 1935 fundou con outras mulleres a Agrupación Cultural Femenina. En Madrid existía xa a revista Mujeres Libres, o que levou á fusión de ambas iniciativas na Federación Nacional de Mujeres Libres. Concha Liaño e Soledad Estorach Esterri foron responsábeis da extensión do movemento en Cataluña. Nado co obxectivo de ser «o movemento feminino da CNT», segundo Concha Liaño, tanto este sindicato como as Juventudes Libertarias tiveron reticencias cara a dito movemento de mulleres, ao que trataban con certa condescendencia:
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité Revolucionario do barrio barcelonés de San Martín de Provençals e das Juventudes Libertarias do Hospital de San Pedro. En 1937 foi redactora do periódico Mujeres Libres.
Tras a derrota do bando republicano en 1939, Concha Liaño exiliouse en Francia. Alí logrou fuxir dun dos campos de concentración en que as autoridades francesas confinaban as e os refuxiados procedentes de España. Trasladouse a París e logo a Bordeos, e colaborou coa Resistencia francesa. Porén, a dificultade de asumir a derrota da República e da Revolución social, acrecentada pola continuidade do franquismo tras a segunda guerra mundial, sumiuna nunha crise persoal que incluíu un intento de suicidio. Por suxestión de compañeiras e compañeiros, trasladouse en 1948 a Venezuela coa súa única filla, quen daquela tiña cinco anos. Traballou como empregada dunha aeroliña en Maracaibo e máis tarde trasladouse a Caracas. Finou nesta cidade o 19 de abril de 2014.
Liaño foi partidaria do expresidente venezolano Hugo Chávez. Chegou a definilo como «un enviado de Deus».
No cinema En 1996 o cineasta Vicente Aranda inspirouse nela e nas Mujeres Libres para o seu filme Libertarias. Con todo, Concha Liaño mostrouse moi crítica coa película.
En 1997 foi unha das protagonistas do documental de J. Gamero Vivir la utopía.
Vida persoal Casou con Rafael Ochoa Carrasco.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico, p. 110-112. Notas
Categoría:Feministas de Cataluña Categoría:Anarquistas de España Categoría:Nados en Épinay-sur-Seine Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Anarcofeministas