A cova dos Mouros é unha formación cuarcítica situada na parroquia da Fontaneira, Baleira. Atópase a uns 900 metros ao norte da aldea da Fontaneira.

Historia Esta cavidade foi explorada, dende o punto de vista arqueolóxico, por primeira vez no ano 2018. Identificáronse paneis de arte esquemática. É o primeiro exemplo desta arte detectada e escavada na Galiza. As intervencións realizadas evidencian ocupacións humanas polo menos do Neolítico Medio ao Bronce Inicial.

Notas

Categoría:Baleira Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Mouros Categoría:Baleira sen imaxes