Trees of Peace é un filme estadounidense de 2021 dirixido e escrito por Alanna Brown. Está protagonizado por Eliane Umuhire, Charmaine Bingwa e Ella Cannon. Estreouse en liña o 10 de xuño de 2022 a través de Netflix.

Sinopse Inspirada en feitos reais, conta a historia de catro mulleres de orixes diferentes que quedan atrapadas nun pequeno agocho durante o xenocidio de Ruanda, en abril de 1994. As catro forxan unha relación irrompible durante os 81 días que estiveron alí agochadas.

Personaxes Eliane Umuhire como Annick Charmaine Bingwa como Jeanette Ella Cannon como Peyton Bola Koleosho como Mutesi Tongai Arnold Chirisa como Francois

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Ruanda Categoría:Filmes ambientados en 1994