Classe Operaia (en galego, Clase Obreira) foi unha revista da esquerda extraparlamentaria italiana fundada en 1964 e activa até 1967. Subtitulábase "mensual político dos traballadores en loita". Os seus fundadores foron varios excolaboradores da revista Quaderni Rossi, da mesma orientación política, entre eles Mario Tronti e Alberto Asor Rosa. Nesta revista tamén comezaron a escribir novos autores como Toni Negri e Gaspare De Caro.

Historia e perfil da revista O primeiro número de Classe Operaia saíu en xaneiro de 1964. De 1964 a 1966 os editores da revista foron Asor Rosa e Mario Tronti.Fabio Guidali (2021). "Intellectuals at the factory gates: Early Italian operaismo from Raniero Panzieri to Mario Tronti". Labor History. 62 (4): 463. doi:10.1080/0023656X.2021.1955095. S2CID 237713870.

A audiencia principal que buscaba Classe Operaia eran os traballadores industriais, o que a distinguía doutros proxectos do momento, de carácter máis académico.Andrew Anastasi (2020). "Book review. New Uses for Old Thought: Mario Tronti's Copernican Revolution, 50 Years On". Critical Sociology. 46 (7–8): 1304. doi:10.1177/0896920520911995. S2CID 219079732. A revista era de orientación obreirista, unha liña de pensamento marxista antiautoritaria e antiburocrática desenvolvida en Italia nos anos 60.Tarì, M. (2016). Un comunismo más fuerte que la metrópoli: La Autonomía italiana en la década de 1970. Traficantes de Sueños.

Nun dos primeiros editoriais da revista titulado "Lenin in Inghilterra" (galego: "Lenin en Inglaterra"), asinado por Mario Tronti declarábase a necesidade de mudar a tradición marxista que incluía a modificación da perspectiva dominante do período e se afirmaba que tal cambio estaba relacionado, en primeiro lugar, coa clase obreira e as súas loitas e co capital e o seu desenvolvemento.

O derradeiro número da revista apareceu en marzo de 1967.

Notas

Categoría:Revistas desaparecidas Categoría:Prensa de Italia Categoría:Medios de comunicación en lingua italiana