O tesouro de Shapwick é un conxunto de 9.262 moedas romanas de prata (denarios) dos séculos I a. C. a III d. C., achado en Shapwick, Somerset, Inglaterra, en setembro de 1998.
O tesouro contiña dúas moedas raras que non se descubriran antes en Gran Bretaña, así como a maior cantidade de denarios xamais atopada nas illas británicas.Hellier, C. (2000). "Roman Coin Cache Discovered". En Archaeology. Vol. 53. Nº 2. Archaeological Institute of America. Marzo/abril.
O achado O tesouro de Shapwick foi atopado o 14 de setembro de 1998 polos curmáns Kevin e Martin Elliott, afeccionados á procura coa axuda dun detector de metais, nunha leira de Shapwick.Abdy, R. et al. (2001). "The discovery of a Roman villa at Shapwick and its Severan coin hoard of 9238 silver denarii". En Journal of Roman Archaeology. 14. Páxinas 358-372.
O primeiro achado produciuse no extremo norte do campo. Logo seguiuse un suco de arado cara ao sur e obtivéronse pequenas cantidades de moedas ata que apareceu un grupo dunhas 70 pezas, e ao cabo de media hora descubriuse o corpo principal do achado, nun lugar moi próximo. Aínda que algunhas moedas foran claramente esparexidas polos labores agrícolas, arredor de 9.000 seguían agrupadas e, dada a súa colocación, suponse que foran depositadas en rolos envoltos por algún material orgánico que se descompuxo integramente.
A escavación posterior do lugar revelou que o tesouro fora soterrado "na esquina dun cuarto dun edificio romano ata daquela descoñecido". Despois de novas escavacións e prospeccións xeofísicas, sóubose que "o cuarto formaba parte dunha vila con patio"."Excavation (1999), Roman villa, N of Shapwick". Somerset Historic Environment Record. Somerset County Council.
Logo da pertinente investigación en Taunton, o achado foi declarado formalmente "tesouro" consonte a Lei do Tesouro de 1996,Reavill, P. (2011). "Inquest into largest coin hoard from Shropshire ". Portable Antiquities Scheme. 25 de outubro. e valorouse en 265.000 libras.Treasure Annual Report 1998-1999 . Department for Culture, Media and Sport. 2000. Nº 294. Páxinas 115-117. O Servizo Museístico do Condado de Somerset adquiriu o tesouro, coa axuda do Consello do Condado de Somerset, do National Heritage Memorial Fund e doutras entidades, e pasou a exhibirse no Museo de Somerset, nos terreos do castelo de Taunton."Shapwick Hoard ". ArtFund.org
No Informe Anual do Tesouro de 2000 presentouse un apéndice da descuberta no que se engadiron outras 23 moedas, valoradas en 690 libras, tamén achadas por Kevin e Martin Elliott.Treasure Annual Report 2000. Department for Culture, Media and Sport. 2001. Nº 251. Páxina 116.
Composición miniatura|300x300px|Denario de Traxano, achado no tesouro de Shapwick."Unique ID: IOW-B77693 ". Portable Antiquities Schema.
Entre as 9.212 moedas que compoñen o tesouro cómpre salientar 260 exemplares de moedas lexionarias do período de Marco Antonio (31-30 a. C.),Rowan, C. (2019). From Caesar to Augustus (c. 49 BC–AD 14) : using coins as sources. Cambridge University Press. Páxinas 109-116. ISBN 9781107675698. Páxina 115.Abdy, R.; Minnitt, S. (2002). "Shapwick Villa". En Coin Hoards from Roman Britain. 11. Páxinas 169-233. e no conxunto hai unha gran cantidade de denarios. Máis da metade dos exemplares do depósito foron cuñadas baixo o reinado de Septimio Severo (193-211 d. C.)."Comparison of Roman coin finds reported in the Treasure Annual Reports"1997-2001". Forumancientcoins.com
Tamén destacan dous exemplares non descubertos ata daquela en Gran Bretaña, que reproducen a imaxe de Manlia Escantila, a esposa de Didio Xuliano, un emperador que foi asasinado catro semanas despois de que se acuñasen as moedas.
Ademais dos denarios romanos había outras catro moedas, tamén de prata: tres dracmas licios e un dracma de Cesarea de Capadocia.
A moeda máis recente do conxunto foi cuñada en 224 d. C., Calcúlase que o seu valor no momento do depósito equivalía aproximadamente ao soldo de dez anos dun lexionario romano.Rees, E. (2003). Celtic Sites and Their Saints: A Guidebook. Bloomsbury. Páxina 171. ISBN 9781441113443
A táboa seguinte reflicte a distribución das moedas romanas do tesouro de Shapwick por emperadores:
EmperadoresPeríodosCantidadeMarco Antonio31 a. C.260Nerón54-6844Galba68-6912Otón699Vitelio6930Vespasiano69-79548Tito79-8169Domiciano81-9621Nerva96-9812Traxano98-11791EmperadoresPeríodosCantidadeHadriano117-138117Antonino Pío138-161567Marco Aurelio161-180171Cómodo180-192356S. Severo193-2115.741Caracalla198-217345Macrino217-21861Heliogábalo218-222688A. Severo222-235120Total9.262
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos