Émile Roger Rousseau, nado en París o 2 de agosto de 1927 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 2010, foi un medallista e deseñador de moedas francés, o vixésimo quinto en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Emile Rousseau, o menor de tres irmáns, amosou desde neno os seus dotes para o debuxo e a creación artística, que os seus pais incentivaron ao favorecer a súa formación en debuxo a partir dos seus 11 anos."Biographie: Émile Rousseau". Emile-rousseau.fr"Portrait: Emile Rousseau ". Páxina 35.Darnis, J-M. (2010).

Con 14 anos, en 1941, aprobou o acceso á École Boulle, onde se iniciou no gravado na sección de aceiro. En 1945 ingresou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París e incorporouse ao obradoiro de gravado de Henri Dropsy."Écoles et travaux". Emile-rousseau.fr"Listes des anciens élèves et promotions de l’école Boulle depuis sa création en 1886". Nicolas-salagnac.com

Antes da Monnaie de Paris En 1954 acadou o segundo posto no Premio de Roma e pasou seis meses na Casa de Velázquez de Madrid, onde se distinguiu con senllas obras en ferro fundido, unha sobre El Greco e a outra sobre a Semana Santa de Sevilla.

En 1957 logrou o primeiro lugar no Premio de Roma de gravado de coa medalla La Renaissance d'Eve."Portrait: Emile Rousseau ". Páxinas 35, 37."Grd prix de Rome". Emile-rousseau.fr Grazas á consecución do Premio de Roma, Rousseau puido acceder a unha estadía formativa de tres anos en Villa Medici, Roma, que aproveitou tamén para viaxar por toda Italia e por Grecia.

En 1962, instalou o seu estudio en París, onde traballou como artista independente, que trasladou a unha zona máis céntrica en 1968. En 1963 expuxo 14 obras na Galerie Dauphine e en 1964 participou na exposición dedicada á medalla de España no Museo da Monnaie de Paris.

Gravador Xeral de Moedas de Francia O 1 de abril de 1974, Rousseau foi nomeado Gravador Xeral de Moedas de Francia por Valery Giscard D'Estaing, que daquela era Ministro de Economía e Facenda, e adoptou o característico deseño dun golfiño como marca privada de gravador. Durante o exercicio do seu cargo na Monnaie de Paris creou diversas moedas francesas, entre elas a dun franco De Gaulle, a de 10 francos Gambetta, a de 2 francos Jean Moulin, e tamén unha moeda de 100 francos para o Principado de Mónaco, a nome de Rainiero III."Les monnaies". Emile-rousseau.fr Tamén foi o autor de medallas,"Les médailles". Emile-rousseau.fr algunhas delas dedicadas a personalidades como Marguerite Yourcenar, o xeneral De Gaulle ou Jean Moulin, e gravou tamén as espadas de académicos para o Instituto de Francia."Graveur général à la Monnaie de Paris". Emile-rousseau.fr miniatura|250x250px|100 francos de Mónaco a nome de Rainiero III (1989)."100 francs Rainier III 40ème anniversaire de règne". Numista.com O seu cargo implicaba tamén a dirección do obradoiro de gravado da Monnaie de Paris, e durante esas dúas décadas acompañou a máis de trinta gravadores de medallas a acadaren os seus logros artísticos.

Coa súa xubilación en 1994 cesou a súa vinculación coa Monnaie de Paris e foi sucedido por Pierre Rodier no cargo de Gravador Xeral de Moedas."Portrait: Emile Rousseau ". Páxina 36.

Derradeira etapa Xa xubilado, pasou en París durante os meses de inverno, onde mantivo unha intensa vida social e cultural, e os veráns nunha casa con xardín que adquiriu na Borgoña, onde seguiu a desenvolver a súa creación artística.

Émile Rousseau recibiu varias distincións, entre elas a de Cabaleiro da Lexión de Honra en 1986, a de Oficial do Mérito Nacional en 1992 e a de Cabaleiro das Artes e das Letras."Prix monétaires et distinctions". Emile-rousseau.fr

Rousseau faleceu en París o 21 de xaneiro de 2010.

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Darnis, J-M. (2010). "In memoriam Émile Rousseau". En Bulletin numismatique. Nº 76. Abril. Páxina 6. "Portrait: Emile Rousseau". En 10e Salon Numismatique Toulouse-Aucamville. Marzo de 2022. Páxinas 35-44.

Outros artigos

Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en París Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra