Pierre Rodier, nado en París o 12 de xuño de 1939, e un medallista e deseñador de moedas francés que ocupou o cargo de vixésimo sexto gravador xeral de moedas de Francia entre 1994 e 2001.

No seu período como gravador xeral, Francia acometeu a transición do franco ao euro."Rencontre avec Pierre Rodier, graveur général honoraire des Monnaies". Nicolas-salagnac.com"Pierre Rodier". Emile-rousseau.fr

Traxectoria

Primeiros anos e formación Pierre Rodier naceu no distrito 12 de París o 12 de xuño de 1939, fillo único dunha nai que traballaba nunha fábrica de cristal e dun pai que exercía como gravador na Monnaie de Paris, chamado Henri Rodier.

En 1953, aos seus 14 anos, ingresou na Escola Boulle, de París, tras aprobar o correspondente exame de acceso, e ingresou tamén no obradoiro de gravado en aceiro de Eugène Cannée, na mesma cidade. Logo da súa graduación na Escola Boulle en 1958, traballou na empresa Drago, dedicada á fabricación de insignias militares, entre 1958 e 1959.

A súa carreira artística viuse interrompida entre 1959 e 1961, cando Rodier fixo o seu servizo militar a Alxeria, feito que o influíu e que o inspirou para a creación dunha medalla para promover a paz.

Ao seu regreso a Francia, entre novembro de 1961 e xuño de 1962 traballou na compañía en Duboc e formouse para participar nun concurso para un posto de gravador na Monnaie de París, similar ao que ocupou o seu pai de 1931 a 1968. A súa participación no concurso foi exitosa e Pierre Rodier ingresou o 1 de outubro de 1962 como gravador da ceca pública francesa.

Como recoñecemento ao seu traballo e á súa antigüidade no posto, en 1975 foi ascendido a mestre gravador, no equipo do daquela gravador xeral de moedas, Émile Rousseau, e o 3 de febreiro de 1994 foi nomeado como o seu sucesor no cargo, logo da xubilación de Rousseau. O símbolo que Rodier escolleu como marca persoal para inscribir nas moedas da súa responsabilidade foi o dunha abella estilizada.Aoulou, Y. (1996).

Rodier ocupou o posto de gravador xeral ata a súa xubilación o 30 de marzo de 2001, dirixindo un equipo de arredor de 25 artesáns gravadores. Logo da súa xubilación abandonou París e instalouse en Saint-Malo.

O 14 de decembro de 1991, Pierre Rodier recibiu unha medalla honorífica do Salon dos Artistas Franceses.

Entre os mestres do gravado que maior influencia exerceron sobre el cabe mencionar a Pierre-Jean David d'Angers, un medallista e escultor de comezos do século XIX, así como algúns destacados antecesores seus no cargo de gravador xeral en etapas anteriores, como Rottiers, Dupré, Tiolier ou Barre.

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Aoulou, Y. (1996). "Pierre Rodier : l’aristocrate de la gravure". En Courrier Cadres. Nº 1.140. 5 de xaneiro.

Outros artigos

Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Ligazóns externas

Entrevista a Pierre Rodier, por Nicolas Salagnac

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado