miniatura|Esquema dun sinclinal e un anticlinal. miniatura|Sinclinal.
Un sinclinal é unha dobra da codia terrestre que presenta os estratos máis recentes no seu núcleo.Mattauer, Maurice (1976 ). Las deformaciones de la corteza terrestre. Ediciones Omega, S.A. Métodos. 524 páxs. Barcelona, 1976 ISBN 84-282-0440-3 Páx. 94 [Les deformations des materiaux de l'ecorce terrestre. Hermann. Methodes. 493 páxs. ISBN 2-7056-5721-5]RACEFN Glosario de Geología. Fórmanse polos efectos tectónicos da dinámica terrestre.
Denonmínase «sinforma» ou «dobra sinforme» á dobra cóncava (forma de U ou V); normalmente úsase en lugar do termo sinclinal cando non se sabe a orde cronolóxica da sucesión sedimentaria. Igualmente, denomínase «falso sinclinal» ou «anticlinal sinforme» cando un anticlinal (dobra cos estratos máis antigos no núcleo) foi invertido pola tectónica, mostrando entón a convexidade cara a arriba (sinforma).
miniatura|Sinclinorio. Denomínase «sinclinorio» á estrutura sinformal rexional composta por unha sucesión de anticlinais e sinclinais máis pequenos.
Os nomes das súas partes son similares ás do anticlinal: flancos e charneira ou cunca sinclinal. A súa formaión débese ás forzas de compresión dun movemento oroxénico. Igual que no anticlinal, nun sinclinal podemos destacar: o plano axial, o eixe e o buzamento ou inclinación dos estratos. Tendo en conta o seu plano axial, pode ser: recto ou simétrico, ou inclinado (tombado) ou asimétrico. E pola súa forma pode ser: en cunca, pinzado, de V, de cubeta ou braquisinclinal.
Igual que o anticlinal, ao que vai unido, o sinclinal puido estar sometido a modificacións e ser fallado, pinzado, tombado, desprazado do seu lugar de orixe e erosionado. Un sinclinal pode estar conforme coa topografía do terreo, é dicir máis baixo que os anticlinais dos lados (no Xura chámase val) ou, debido á erosión, quedar a máis altura (relevo invertido ou inverso), e entón recibe o nome de sinclinal colgado e, cando quedou moi achaiado, nalgúns sitios falan de páramo, aínda que para evitar confusións, no uso xeomorfolóxico tende a usarse este último termo só para plataformas estruturais horizontais.
En xeomorfoloxía denomínase sinclinal colgado, a unha estrutura sinclinal que queda máis elevada que os anticlinais adxacentes, porque estes estiveron sometidos a unha erosión que os rebaixa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Anticlinal
Ligazóns externas Imaxe dun sinclinal Imaxe doutro sinclinal
Categoría:Xeoloxía estrutural