Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros de banca ética destinada á concesión de préstamos a proxectos de economía social.

Historia esquerda|miniatura|356x356px| Cartel de Coop57 e en pequeno, cartel da asociación REAS, Redes de Economía Alternativa e Solidaria de apoio ao 8 de marzoA cooperativa tivo a súa orixe en 1986 e constituíuse en 1995 en Barcelona tras o peche da Editorial Bruguera. Ten a sede na rúa en Premià nº 15 de Barcelona.

No ano 2005 comezou un modelo de crecemento da rede e pasou a unha organización horizontal das denominadas seccións territoriais de Coop57, onde a clave do éxito era que o propio tecido asociativo e os movementos sociais do propio territorio fosen capaces de auto-xestionar a Coop57 no seu territorio.

Seccións A primeira sección territorial creouse en Aragón. Este modelo replicouse posteriormente en Madrid (2006), Andalucía (2008), Galiza (2009),Entrevista a Coop57:Galiza - Xornal de Galicia Coop57: aforro ético en Galiza - Empresa y Trabajo País Vasco (2015) e Asturias (2019).

Organización Os recursos económicos de Coop57 proceden dos seus socios. A función esencial de Coop57 é a mediación financeira. É dicir, captar o aforro para canalizala para financiar proxectos de economía social e solidaria.

É membro da FEBEA (Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos, en inglés, European Federation of Ethical and Alternative Banks and Financiers); porén, Coop57 non é unha entidade bancaria, senón unha cooperativa de servizos e, polo tanto, todas as persoas ou entidades que se relacionan con Coop57 fano desde a condición de socio da cooperativa, formando parte da súa estrutura de propiedade e participando en forma democrática e asemblearia das decisións e curso da cooperativa.

Tipos de socios Socios de servizos: Persoas xurídicas pertencentes á economía social (cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción etc.). Poden recibir préstamos de Coop57 se se fan socios. Socios colaboradores: Persoas físicas ou xurídicas que poidan aforrar na Coop57 mediante achegas ao capital social da cooperativa. As persoas físicas non poden recibir préstamos. Na data de 31 de decembro de 2020, a cooperativa tiña 1001 socios de servizos e 4686 socios colaboradores. Cada ano celébrase a Asemblea Xeral en que se deciden os temas de interese para os asociados.

Fundación Coop57 En 2014 foi creada a Fundación Coop 57, unha fundación de carácter privado para dar resposta a novas necesidades sociais e financeiras da economía cooperativa, concibida unha ferramenta en paralelo, complementaria e adicional á tarefa de Coop57. Segundo o seu sitio oficial, a Fundación pretende anticiparse aos retos do futuro, detectar baleiros non cubertos e innovar no horizonte da plena democracia política, social e económica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Coop57 en galego

Categoría:Cooperativas Categoría:Bancos e caixas de aforro de España