A Love Song for Latasha é unha curtametraxe documental estadounidense de 2019 dirixida por Sophia Nahli Allison. O filme mergúllase nas lembranzas da curmá e das mellores amigas de Latasha Harlins, unha moza afroamericana dos Ánxeles que foi asasinada pola dona dunha tenda en 1991. A curtametraxe foi nomeada ó Óscar á mellor curtametraxe documental na 93ª edición dos premios.
Estrea O filme estreouse no Festival de Cinema de Tribeca e proxectouse no Festival de Cinema de Sundance. Ava DuVernay programou o documental como parte de Array 360, e posteriormente foi distribuído por Netflix, quen o estreou o 21 de setembro de 2020.
Notas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América