José Sánchez Martínez, coñecido como Pepe Sánchez, nado en Linares o 19 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Albacete, da Segunda División.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Linares 2011 da súa localidade natal, pasando logo tres anos na canteira do Real Jaén e outros tres no equipo xuvenil do Granada, club no que ingresou en 2016.

Na tempada 2019/20 subiu ao Recreativo Granada, de Segunda División B, debutando na 11ª xornada ante o Recreativo de Huelva e afianzándose inmediatamente no once titular. O 17 de decembro debutou da man do adestrador galego Diego Martínez no primeiro equipo granadino, disputando completo o partido e a prórroga da primeira rolda da Copa do Rei ante o L'Hospitalet.

Continuou compaxinando o filial co primeiro equipo durante as seguintes dúas campañas, nas que debutou tanto en Primeira División como na Europa League. A súa estrea na liga produciuse en Anoeta contra a Real Sociedad, tres días despois do seu primeiro encontro na competición europea, contra o Omonia en Nicosia.

En xaneiro de 2023, despois de ter disputado só tres partidos co Granada durante a tempada, saíu cedido ao Deportivo da Coruña, de Primeira División RFEF. Apenas tivo protagonismo no equipo galego, xogando só 7 partidos, nos que marcou un gol ante o Real Madrid Castilla. Ao remate da cesión, o Granada anunciou o seu traspaso ao Ibiza. No club balear xogou un total de 28 partidos, todos como titular, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda.

Despois duns meses sen equipo, en decembro de 2024 asinou como novo xogador do Albacete, da Segunda División.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiEuropa LeaguePromociónsInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesRecreativo Granada2019/20Segunda B170------170Granada2019/20Primeira0010----10Recreativo Granada2020/21Segunda B10------30Granada2020/21Primeira304020--110Recreativo Granada2021/222ª RFEF170------170Total club350000000350Granada2021/22Primeira0010----102022/23Segunda3000----30Total club60602000140Deportivo da Coruña2022/231ª RFEF 7 1 00--00 71Ibiza2023/241ª RFEF26100--20281Albacete2024/25Segunda13000----1302025/26Segunda22210----232Total club352100000372Total carreira 109 4 70202 0 1204

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Linares, España Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa Categoría:Xogadores do Albacete Balompié