Óscar Rial Lago, nado en Isorna (Rianxo) o 22 de agosto de 1980, é un político e técnico deportivo galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Graduado en INEF pola UDC. Foi xogador de diversos equipos de fútbol coma o CD Unión de Asados, o CD Boiro ou o CF Noia, ós que posteriormente adestraría. Foi técnico do servizo municipal de Deportes do concello de Rianxo e posteriormente traballador da piscina municipal, a cal dirixe dende 2014.
Involucrado no tecido asociativo do municipio, en outubro de 2022 anunciouse que sería o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Rianxo nas eleccións municipais de 2023Carmen Figueira cede el testigo a Óscar Rial al frente de la candidatura del PSOE rianxeiro, sendo ratificado pola militancia en novembro dese anoÓscar Rial, ratificado como candidato socialista a la alcaldía de Rianxo. Nese mesmo mes fíxose público que o Patrón Maior da vila, Miguel Iglesias, formaría parte da súa candidatura como número 2Miguel Iglesias, patrón mayor de Rianxo, será el número dos del PSOE en las municipales. Finalmente logrou un notable avance, sumando máis de 500 votos e subindo a 5 concelleiros, quedándose a tan só 20 votos da vitoria, a cal foi para a marea Rianxo en Común. Desta forma, pasou a ser portavoz do grupo na oposición, xa que Rianxo en Común optou por gobernar en minoría. Formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 pola provincia da Coruña.
Vida persoal Está casado e ten 3 fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rianxo
Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña