miniatura|250x250px|Busto de Vitoria, común aos anversos de toda a serie do Xubileu. As moedas do Xubileu de Vitoria do Reino Unido (ou máis comunmente moedas do Xubileu) son unha serie numismática británica composta por moedas de ouro e de prata cun novo deseño, emitidas entre 1887 e 1893 en conmemoración do Xubileu de Ouro ou cincuentenario de ascenso ao trono da raíña Vitoria, en 1837.

Os anversos das moedas desta serie caracterízanse por un retrato de Vitoria deseñado por Joseph Edgar Boehm. A serie do Xubileu abrangue todos os valores faciais de prata e de ouro do sistema monetario británico circulante (desde 1887) e tamén as moedas cuñadas con ocasión do Royal Maundy (a partir de 1888). Entre eles está toda a emisión do dobre florín (1887-1890) e a derradeira cuñaxe da moeda de 4 peniques —groat—, cuñado para a súa circulación na Güiana Británica.

En 1879, Boehm foi o artista escollido para crear unha nova representación de Vitoria adaptable á súa reprodución nas moedas, xa que, aínda que a raíña facía os 60 anos ese mesmo ano, algunhas das moedas en circulación seguían a amosala coa súa aparencia de catro décadas menos. A dedicación de Boehm a este proxecto foi intermitente e tardou varios anos en ver a luz, logo da súa aprobación por parte da raíña en 1887. Ao mesmo tempo cambiáronse tamén os deseños dos reversos dalgunhas moedas, que representaban motivos heráldicos, de cuxo gravado se ocupou Leonard Charles Wyon, que daquela ocupaba o posto de gravador xefe da Royal Mint.

Cando se puxeron en circulación as novas moedas en xuño de 1887, convertéronse de camiño nun recordo do chamado "Xubileu de Ouro" da raíña Vitoria, ou o que é o mesmo, o quincuaxésimo aniversario do seu ascenso ao trono, aínda que foron criticadas polo exiguo tamaño da coroa e tamén porque en case todos os casos se omitía o valor nominal da moeda. A moeda de 6 peniques comezou a ser bañada en ouro polos estafadores para a facer pasar polo medio soberano, practicamente coincidente en diámetro, o que motivou que fose retirada inmediatamente pola Royal Mint e substituída por outra co seu valor facial explícito.

As autoridades da Real Casa da Moeda comezaron a tomar en consideración a retirada da serie do Xubileu un ano despois do seu lanzamento, aínda que logo se abandonou esta idea durante un tempo, ata despois do falecemento de Boehm en 1890. Para estudar a substitución dos modelos estableceuse un comité ad hoc e en 1893 comezou a produción dunha nova serie de moedas cun deseño alternativo da raíña, creado polo artista Thomas Brock.

Antecedentes e preparación miniatura|A medalla Emperatriz da India (1877) xa representaba a Vitoria cunha coroa pequena.Mayo, J. H. (1897). Medals and Decorations of the British Army and Navy. Vol. II". Constable, Westminster. Páxina 512."Empress of India Medal, gold". Orders & Medals Society of America. A finais da década de 1870, a maioría das moedas británicas en circulación amosaban deseños da raíña nos seus anversos creados por William Wyon e que comezaran a cuñarse xa en 1838, un ano despois do acceso ao trono de Vitoria, cando tiña 18 anos. En febreiro de 1879, o secretario privado da raíña, Henry Ponsonby, informou o Deputy Master of the Mint,A Lei da Moeda de 1870 atribuíulle ao Ministro de Facenda ex officio o cargo de Master of the Mint, aínda que o mestre adxunto era quen exercía as funcións realmente Véxase Seaby, P. (1985), páxina 156. Charles W. Fremantle, de que Joseph Edgar Boehm fora contratado para a realización dun retrato medallístico da raíña susceptible de ser adaptado á cuñaxe de moedas. Boehm, un artista de orixe austríaca con formación como medallista, recibira xa varias encargas escultóricas da familia real.Dyer, G. P.; Stocker, M. (1984). Páxina 274. miniatura|A medalla de Afganistán (1881), tamén creada por Boehm.Mayo, J. H. (1897). Medals and Decorations of the British Army and Navy. Vol. II". Constable, Westminster. Páxina 402."Afghanistan Medal".AucklandMuseum.com Non se estableceu unha data límite para esta encarga, o que motivou que Boehm deixase a un lado este traballo en favor doutros que lle resultaban máis urxentes. En xuño de 1879, Vitoria deixou constancia no seu diario de que "posara para Boehm para un baixorrelevo", e en agosto o secretario Ponsonby escribiulle a Fremantle para lle comunicar que a cabeza estaba concluída, o cal levou o mestre adxunto a se implicar máis no proxecto. No entanto, en novembro Boehm escribiu pedindo desculpas pola súa falta de progreso, aínda que o 1 de xaneiro de 1880 afirmou nunha carta que rematara varios modelos pequenos e mencionou que colocara unha pequena coroa sobre a cabeza da raíña Vitoria. Aínda que o estilo era similar ao da medalla Emperatriz da India, de 1877, Fremantle amosou as súas dúbidas sobre este toucado e escribiulle a Charles Francis Keary, numismático do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, para lle preguntar se había antecedentes ao respecto. Keary respondeulle: "no caso das moedas da Antiga Grecia, non preciso engadir que as coroas se colocaban como para as levar postas e non para que caian co menor movemento".Dyer, G. P.; Stocker, M. (1984). Páxina 275.

En xaneiro de 1880, a filla da raíña, a princesa Luísa, viu o proxecto de Boehm e suxeriu a substitución da coroa real por outra de maior tamaño. O 20 de febreiro, a propia Vitoria visitou o escultor e deu a súa aprobación á coroa revisada. Fremantle visitou a Boehm tres días despois e, preocupado aínda polo asunto da coroa, pediulle consello á Torre de Londres e ao Colexio de Armas. Vitoria reuniuse novamente con Boehm o 28 de febreiro, e nesa data o traballo avanzara ata o punto de que Fremantle suxeriu que o daquela gravador xefe da Royal Mint, Leonard Charles Wyon —fillo de William Wyon— preparase os cuños de aceiro para a produción das moedas. Así o fixo Wyon, e durante os tres anos seguintes elaboráronse en diversas ocasións cuñaxes de proba, aínda que ningunha foi da satisfacción xeral de todas as partes implicadas. O deseño de Boehm, cunha coroa grande sobre a cabeza da raíña, utilizouse para a medalla de Afganistán, de 1881. A finais de 1882, Fremantle propúxolle a Boehm a conveniencia de comezar de cero os traballos e o escultor, que estaba moi ocupado con outros traballos, estivo de acordo.Dyer, G. P.; Stocker, M. (1984). Páxinas 275-277. miniatura|Joseph Edgar Boehm, autor do característico busto de Vitoria para os anversos da serie."Sir Edgar Boehm". En The Review of Reviews. Vol. III. Nº 13. Xaneiro de 1891. Páxina 32. O gravador xefe Wyon non participou inicialmente neste segundo intento e Boehm invitou o escultor vienés Carl Radnitzky, con quen se formara, e Radnitzky declarou posteriormente que encargou parte do seu traballo a un dos seus alumnos, cuxa identidade se descoñece. En agosto de 1884, Fremantle fixo que o ministro de Facenda británico, Hugh Childers, lle amosase unha proba da moeda de media coroa á raíña, quen considerou que se lle parecía aínda que cuestionou a caída do velo e manifestou que prefería o busto das moedas daquela en circulación. Nesa proba, volvérase colocar a coroa pequena sobre a súa cabeza, e sobre ese modelo fixéronse máis revisións e enviáronse novos cuños desde Viena.

En 1885 Leonard Wyon reincorporouse ao proxecto. O ano seguinte, Fremantle autorizou o pagamento de 200 guineas (210 libras) a Boehm polo seu traballo ata esa data, unha parte do cal lle foi enviado a Radnitzky. En xuño de 1886, o proxecto avanzara suficientemente como para que Fremantle lle dixese a Boehm que sería desexable que as novas moedas estivesen dispoñibles para o Xubileu de Ouro da raíña Vitoria en 1887. A raíña aprobou a nova efixie en xullo, cando posou novamente para Boehm. Foron necesarias máis revisións, e non foi ata marzo de 1887 cando o novo ministro de Facenda, George Goschen, aprobou as moedas, cuxos cuños foron gravados por Wyon seguindo os modelos de Boehm. A continuación leváronselle as probas a Vitoria para a súa aprobación, quen deu o seu consentimento, aínda que a súa suxestión de que as moedas amosasen algunha indicación do Xubileu foi desaconsellada por Fremantle, que desexaba que os cuños fosen enviados no seguinte correo ás cecas sucursais da Royal Mint en Australia. Fremantle afirmou que, ao seren cuñadas por vez primeira no ano do Xubileu de Ouro, a poboación ía asocialas sempre con esa celebración.Dyer, G. P.; Stocker, M. (1984). Páxinas 277-280.

Deseños miniatura|Vitoria coa súa pequena coroa de diamantes."Queen Victoria ". National Portrait Gallery."Queen Victoria's Small Diamond Crown 1870". Royal Collection Trust.

Anverso No anverso das moedas do Xubileu Vitoria loce a súa pequena coroa de diamantes, que ela mesma adquirira para non ter que portar unha máis pesada.Craig, J. (2010) . Páxina 342. Era a coroa que ela prefería levar naquela época, e con ela aparece en diversos retratos seus daqueles anos.Dyer, G. P.; Stocker, M. (1984). Páxina 281. No entanto, a cuestión do tamaño da coroa non tardou en xerar controversia. Tal e como escribiron os autores numismáticos G. P. Dyer e P. P. Gaspar no seu estudo titulado A New History of the Royal Mint, "o retrato de Boehm, coa súa pequena coroa a piques de caer da parte posterior da cabeza da raíña, atraeu a maior parte das críticas".Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 536. John Craig, no seu traballo anterior The Mint, considerou "ridículo" o efecto da pequena coroa sobre a cabeza da raíña. Pola súa banda, Kevin Clancy, na súa historia do soberano de ouro, indicou:Clancy, K. (2017) . Páxina 75.

O erudito numismático Howard Linecar considerou que o deseño das moedas do Xubileu era "conservador, agás polo desafortunado busto coroado".Linecar, H. W. A. (1977). Páxina 110. Para Richard Lobel, na súa obra Coincraft's Standard Catalogue of English and UK Coins, "a pequena coroa colocada na parte posterior da cabeza da raíña facía que esta parecese algo parva".Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 65. André Celtel e Svein H. Gullbekk, no seu libro sobre o soberano e os seus antecedentes, describiu a cabeza do Xubileu como "quizais o menos afagador dos retratos das moedas de Vitoria, xa que presenta unha raíña de mediana idade e aspecto máis ben chepudo, que leva unha coroa desproporcionadamente pequena sobre o seu velo de viúva".Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 108. Para o escritor numismático Stephen Skillern "o retrato da raíña do Xubileu non fixo intento ningún de ocultar nin de suavizar os resultados do tempo no rostro da vella raíña".Skillern, S. (2013). Páxina 31. O tamén numismático Lawrence W. Cobb, en 1985, adoptou unha postura máis matizada a este respecto: "parece que Wyon intentou suavizar o aspecto da raíña, [...] mais ao facelo perdeu parte da forza e do vigor do espírito indomable da raíña. Non obstante, mesmo cos seus defectos, o retrato de Wyon conserva a maxestosidade da presenza da raíña".Cobb, L. W. (1985). Páxina 257. Leonard Forrer escribiu, "desgraciadamente, a súa cabeza da raíña Vitoria carecía tanto de mérito artístico que foi criticada duramente por todos os expertos e nunca gañou o favor do público".Forrer, L. (1904). Páxina 204.

Ademais da cuestión da coroa, como se dixo, a cabeza de Vitoria leva un velo de viúva. Logo do pasamento en 1861 do seu marido, Alberte, Vitoria gardou loito marcado por un velo de cor negra. Este velo descende nas moedas desde un barrete de viúva que leva por baixo da coroa. A raíña amosa tamén un colar de perlas e un pendente visible na súa orella esquerda. Tamén se aprecian a cinta e a estrela da Orde da Xarreteira e a insignia da Orde da Coroa da India. No truncamento do busto inclúense as iniciais do artista, JEB (Joseph Edgar Boehm)."Coin - Double-florin, Queen Victoria, Great Britain, 1889". Museums Victoria.

Reversos miniatura|300x300px|Algunhas moedas do Xubileu expostas no Museo Numismático de Atenas.