Staphyliniformia é unha grande infraorde de escaravellos polífagos. Contén unhas 70 000 especies descritas de todas as rexións do mundo. A maioría das especies viven en hábitats húmidos, como diversos tipos de restos de plantas en descomposición, fungos, excrementos, prea, e moitos viven en augas doces.

Características

A maioría dos Staphyliniformia son escaravellos de tamaño pequeno ou medio. Este grupo tan diverso ten poucas apomorfías claras. Teñen primitivamente antenas de 11 segmentos e un pescozo constrinxido bastate detrás dos ollos. O pronoto ten un bordo lateral ben definido. As patas das larvas son de 5 segmentos, o 10º segmento abodminal ten a miúdo espiñas finas ou fortes ou ganchos. Son urogonfos (con "cornos" pares no extremo posterior do abdome das larvas e pupas) con articulación basal.M.Hansen. Phylogeny and classification of the staphyliniform beetle families (Coleoptera). Biologiske Skrifter 48, Copenhagen, 1997

Sistemática e evolución

Os Staphyliniformia pertencen á suborde Polyphaga e dáselles normalmente a categoría de infraorde ou de serie. Contén tres superfamilias: Histeroidea Hydrophiloidea Staphylinoidea. Algúns estudos recentes tamén inclúen a superfamilia Scarabaeoidea (infraorde Scarabaeiformia), formando xuntas a chamada liñaxe hidrofiloide.M.S.Caterino et al., On the constitution and phylogeny of Staphyliniformia (Insecta: Coleoptera) . Molecular Phylogenetics and Evolution Vol.34, 3, 2005J.Kukalova-Peck, J.F.Lawrence, (1993) Evolution of the hind wings in Coleoptera. Canadian Entomologist, 135, 181–258. Hai fortes probas da existencia dunha relación de grupo irmán entre os Hydrophiloidea e os Histeroidea.R.G.Beutel, R.A.B.Leschen, Phylogenetic analysis of Staphyliniformia (Coleoptera) based on characters of larvae and adults. Systematic Entomology (2005), 30, 510–548

O rexistro fósil non ambiguo deste grupo data do Triásico, e é probable que a orixe do grupo acontecese no Mesozoico temperán.Grimaldi, D. and Engel, M.S. (2005). Evolution of the Insects. Cambridge University Press

Notas