Ataraxia (en ataraxia) tradúcese como "ausencia de inquietude/preocupación", "tranquilidade da mente".
Demócrito usou este termo cando afirmou "A felicidade é pracer, benestar, harmonía, simetría e ataraxia", pero foron os epicúreos, os escépticos e os estoicos os que situaron a ataraxia no centro do seu pensamento.
Os estoicos tamén buscaban a tranquilidade mental, e aínda que eles tamén consideraban a ataraxia como desexable e usaban a miúdo o termo, a ataraxia como "ausencia de preocupación" sempre foi o obxectivo dos epicúreos na vida, sendo análogo ao estado de vida que buscaban os sabios estoicos, a saber: apatheia (apatía), "ausencia de paixóns", que non debe confundirse co diagnóstico de apatía no sentido psicolóxico, caracterizado por unha perda de sensibilidade do individuo en relación aos estímulos cotiáns.Steven K. Strange, (2004), The Stoics on the Voluntariness of Passion in Stoicism: Traditions and Transformations, páxina 37. Cambridge University Press.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Apatía (filosofía) Epicúreo Felicidade Filosofía grega Nirvana Pracer
Categoría:Grecia antiga Categoría:Filosofía da Idade Antiga Categoría:Conceptos filosóficos