Os crisomeloideos (Chrysomeloidea) son unha enorme superfamilia de escaravellos, que comprende decenas de miles de especies. As familias máis grandes que inclúe son Cerambycidae (escaravellos de longos cornos), con máis de 35 000 especies, e Chrysomelidae, con máis de 13 000 especies.

Características

Os Chrysomeloidea, igual que outros Phytophaga, teñen o cuarto segmento tarsal reducido e agochado polo terceiro segmento. Varias especies desta superfamilia son importantes pragas de plantas. A especia Diabrotica undecimpunctata é unha importante praga de vexetais e é un insecto moi común en todo tipo de flores. O escaravello da pataca, Leptinotarsa decemlineata, ataca as patacas e outros membros das Solanaceae. O Anoplophora glabripennis asiático é outra importante praga de árbores onde foi introducida. Parece evidente que durante o Xurásico e Cretáceo os Chrysomelidae alimentábanse de pole e despois de follas, gromos, ramiñas e raíces.

Algunhas autoridades no pasado suxeriron sacar a familia Cerambycidae e familias relacionadas (Disteniidae, Oxypeltidae e Vesperidae) dos Chrysomeloidea para crear unha superfamilia separada que se chamaría "Cerambycoidea" (ver por exemplo), pero en ausencia de evidencias que o apoien a monofilia dos grupos resultantes, esta proposta non foi moi aceptada na comunidade científica.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas