O Siljan en Dalarna é o sétimo lago máis grande de Suecia en tamaño. O lago atópase a 161 metros sobre o nivel do mar e ten unha superficie de 293 km². Xunto cos veciños Orsasjön e Insjön a súa área é de 354 km². A súa maior profundidade son 134 metros. O lago desagüa a través do río Östendal cara ao río Dal.
Hai uns 365 millóns de anos un meteorito impactou a zona que hoxe é coñecida como Siljansringen (o anel de Siljan). O Siljan, Orsasjön, Skattungen, Oresjön e os pequenos lagos en Bodadalen son o anel exterior do cráter do meteorito. O cráter mide uns 50 km de diámetro e ten unha profundidade máxima de 160 metros, sendo o sitio de impacto máis grande coñecido en Europa.
Nome O nome Siljan aparece por vez primeira no ano 1442 na frase nordhan Silghis sio (ao norte do lago Siljan), e provén da forma do sueco antigo Sylghir. O nome está relacionado coa palabra dialectal gotlandesa sylgå (fluír no fondo) e o verbo sueco svälja (tragar). Ao longo do leito mariño do Siljan hai unha profunda canle dende o sur de Mora ata o Österviken en Leksand, que nalgúns lugares ten máis de 100 metros de profundidade.
Segundo o lingüista Johan Ernst Rietz o nome podería estar realacionado coa palabra sel (augas tranquilas),Sil i Johan Ernst Rietz, Svenskt dialektlexikon (1862-1867) pero segundo o tamén lingüista Elof Hellquist esa interpretación é imposible debido á forma máis antiga Silghis sio.Sillen i Elof Hellquist (1906), ”Studier öfver de svenska sjönamnen deras härledning ock historia”, Svenska landsmål ock svenskt folklif 20: 611-812
Notas
Siljan