As estrinas, tamén chamadas estratrienos ou estra-1,3,5(10)-trienos, son un tipo de esteroide do grupo dos estranos. Son estranos deshidroxenados con dobres enlaces situados especificamente nas posicións C1, C3 e C5(10). A estrina é a estrutura parental das hormonas esteroides estroxénicas estradiol, estrona e estriol, que tamén foron coñecidas como dihidroxiestrina, cetohidroxiestrina e trihidroxiestrina, respectivamente.

A diferenza dos seus derivados estróxenos, a propia estrina posúe unha actividade estroxénica mínima, xa que as substitucións hidroxilo e/ou ceto nas posicións C3 e C17 son fundamentais para ter unha alta afinidade de unión cos receptores de estróxenos. A estrina é unhas 1000 veces menos potente farmacoloxicamente que o estradiol para inducir respostas estroxénicas in vitro. Ademais da estrina, o estratrien-17β-ol, que carece do grupo 3-hidroxilo do estradiol, e o 3-hidroxiestratrieno, que carece do grupo 17β-hidroxilo do estradiol, teñen ambos unha afinidade medible co receptor de estróxenos e poden activar dito receptor e inducir a expresión do receptor de proxesterona.

O termo estrina foi utilizado historicamente como sinónimo de estróxeno. Foi acuñado por Alan S. Parkes e C. W. Bellerby en 1926 para describir a hormona segregada polo ovario que induce o estro en animais (é dicir, o estróxeno).

miniatura|center|350px|Principais estróxenos endóxenos. De esquerda a dereita: Arriba: estrona (cun grupo OH, E1), estradiol (con dous grupos OH, E2) ; abaixo: estriol (con tres OH, E3), estetrol (con catro OH, E4).

Notas

Categoría:Estranos