Un glicurónido, tamén chamado glicuronósido, é unha substancia producida polo enlace entre un ácido glicurónico e outra substancia por medio dun enlace glicosídico.The American Heritage Medical Dictionary, 2007, Houghton Mifflin Company Os glicurónidos pertencen aos glicósidos.

A glicuronidación ou conversión de compostos químicos en glicurónidos, é un método que usan os animais para facilitar a excreción de substancias tóxicas, fármacos e outras sbstancias que non poden utilizarse como fontes de enerxía. O ácido glicurónico únese ao composto por medio dun enlace glicosídico e o glicurónido resultante, que ten unha solubilidade en auga moito maior que a substancia orixinal, é finalmente excretado nos riles.

Os encimas que rompen o enlace glicosídico dos glicurónidos denomínanse glicuronidases.

Exemplos Miquelianina (Quercetina 3-O-glicurónido) Morfina-6-glicurónido Escutelareína-7-glicurónido miniatura|150px|Morfina-6-glicurónido, un importante metabolito da morfina.|centro Notas

Categoría:Toxicoloxía