Denis Ménochet, nado en Enghien-les-Bains, Val d'Oise o 18 de setembro de 1976, é un actor de cine e televisión francés. Fíxose coñecido internacionalmente en 2009 polo personaxe Perrier LaPadite, un labrego francés interrogado por un funcionario nazi por ocultar xudeus, na película Inglourious Basterds, de Quentin Tarantino.

Elizabeth Weitzman, crítica de cine do New York Daily News, eloxiou o traballo de Ménochet, que apareceu xunto ao actor Christoph Waltz na secuencia inicial do filme de Tarantino. Segundo ela, "A espléndida apertura, por exemplo, mostra unha sarabiada de balas. O que mellor recordarás, con todo, é o silencio embruxado do actor Denis Ménochet, interpretando a un granxeiro francés acusado de albergar xudeus."

En 2022 interpretou en As bestas ao francés Antoine Denis, personaxe baseado no caso real do holandés Martin Verfondern, que inspirou tamén o documental Santoalla. Por esa interpretación, na 37 edición dos Premios Goya, en febreiro de 2023, recibiu o Goya á mellor interpretación masculina protagonista.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados no departamento do Val do Oise