Norrköping é un concello sueco no condado de Östergötland. A súa capital é a cidade de Norrköping. A poboación leva medrandono concello dende a década dos 80, e no mes de setembro de 2022 o municipio tiña 145 176 habitantes.
Ao longo da costa norte de Bråviken e o lago Glan, o municipio está dividido por unha gran zona de fallas, cunha chaira cultivada no sur e un bosque de coníferas no norte. O río Motala cos seus saltos en Norrköping foi utilizado xa dende a Idade Media por distintas industrias, e durante o século XIX e ata a década de 1970 Norrköping foi un municipio téxtil, producindo en certos períodos ata o 80% da produción téxtil de Suecia. Posteriormente esa industria substituíuse por outros tipos de actividades económicas.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Östergötland