Manuel Moscoso López, chamado Manolete, nado en Arzúa o 21 de setembro de 1947 e finado na mesma vila o 18 de xullo de 2023, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi nas listas do PPdeG ás eleccións municipais de 1983 e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. Logo da renuncia do alcalde Jesús García Vázquez por motivos profesionais en xaneiro de 1989 foi elixido alcalde de Arzúa.La Voz de Galicia, 29-1-1989, p. 27. Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou no cargo ata 2003 sempre con maioría absoluta. En 2003 obtivo de novo a vitoria, pero foi insuficiente e o pacto de BNG e PSdeG levou o nacionalista García Couso á alcaldía. Moscoso continuou como concelleiro catro anos máis ata 2007, cando se retirou da vida política.

Tamén foi deputado provincial polo PPdeG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arzúa

Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Arzúa

Categoría:Nados en 1947

Categoría:Finados en 2023