Juan Raposo Lamas, nado en Arzúa en 1910 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1999, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Raposo Rivadulla e Carmen Lamas Rey. Fundador de Falange en Arzúa en agosto de 1935 e xefe das milicias de Falange. Aprobou as oposicións para secretario de xulgado municipal en maio de 1936.El Compostelano, 9-5-1936, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Pública de Arzúa. Presentou unha denuncia ante o xuíz de instrución municipal contra o alcalde republicano Juan Manuel Vidal García o 2 de agosto, que pé ao procedemento xudicial. Foi nomeado polo alcalde Jesús Souto Vilas oficial primeiro interino do Concello o 6 de agosto e logo de que fose cuberta a praza foi nomeado oficial segundo de secretaría o 24 de setembro. Foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.El Pueblo Gallego, 19-3-1940, p. 9. Foi nomeado alcalde de Arzúa en decembro de 1940.El Correo Gallego, 3-12-1940, p. 2. Foi destituído do cargo polo gobernador civil en febreiro de 1942.El Pueblo Gallego, 10-2-1942, p. 7.El Compostelano, 11-2-1942, p. 2. Volveu ser nomeado alcalde en 1944, permanecendo no cargo durante uns meses. Despois foi secretario do xulgado de Pontedeume,BOP A Coruña, 20-12-1944, p. 4. oficial do de Lugo desde onde se trasladou ao xulgado número 3 da Coruña en 1967,El Progreso, 24-5-1967, p. 4. e finalmente ao de Santiago de Compostela.La Noche, 21-11-1967, p. 10. Finou na Coruña o 22 de novembro de 1999.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-11-1999, p. 85.

Vida persoal

Casou con María de los Dolores Pampín García, que finou en 1985, e foi pai de María Teresa, María Rosa e María Victoria Raposo Pampín.La Voz de Galicia, 19-9-1985, p. 57.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas

Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1910

Categoría:Finados en 1999