The Zombies é unha banda inglesa de rock formada a principios dos anos 60 en St Albans e liderada polo teclista e vocalista Rod Argent e o vocalista Colin Blunstone. O grupo tivo un grande éxito no Reino Unido e nos Estados Unidos en 1964 co tema "She's Not There". Nos Estados Unidos tamén tiveron éxito dous sinxelos máis, "Tell Her No" en 1965 e "Time of the Season" en 1968. O seu álbum de 1968 Odessey and Oracle está no número 100 da lista de 2012 da Rolling Stone dos 500 mellores álbums da historia, e no número 243 da lista de 2020. The Zombies foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame en 2019.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloNotasThe Zombies1965Parrot Recordseditado nos Estados UnidosBegin Here1965Decca Recordseditado no Reino UnidoOdessey and Oracle1968CBS/Date RecordsR.I.P.2000Imperial Records/Sweet Dandelion/Varèse Sarabandegravado en 1968
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais do condado de Hertfordshire Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de baroque pop Categoría:Grupos musicais de pop psicodélico