O Trofeo Hannu Saintula (en finés Hannu Saintula -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola Federación de Hóckey sobre Xeo de Finlandia. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 2011-12 á mellor adestradora ou adestrador da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O trofeo recibe o seu nome en honor do ex seleccionador feminino finlandés Hannu Saintula.

Sami Haapanen é o adestrador que máis veces recibiu o galardón cun total de tres, sempre dirixindo ao equipo de Espoo coas súas diferentes denominacións.

O Trofeo Hannu Saintula é o único trofeo da Naisten Liiga que non ten nome de muller.

Gañadoras e gañadores miniatura|Saara Niemi gañou o galardón en 2021 e 2023. miniatura|Marjo Voutilainen conseguiu o premio en 2020 logo de levar a KalPa ás finais. En letra grosa as adestradoras e adestradores do equipo que se proclamou esa tempada campión de liga.

Tempada Equipo Xogadora Nacionalidade Ref.2011–12KärpätSeppo Karjalainen2012–13BluesKai Jansson2013–14BluesSami Haapanen2014–15JYPKatja Saari2015–16JYPKatja Saari2016–17KärpätMira Kuisma2017–18Team KuortaneJari Risku2018–19BluesSami Haapanen2019–20KalPaMarjo Voutilainen2020–21HIFKSaara Niemi 2021–22K-EspooSami Haapanen 2022–23HIFKSaara Niemi 2022–23HPKJari Risku

Galardón por adestrador ou adestradora Adestrador/aNº de trofeosAnos galardoada/oSami Haapanen32014, 2019, 2022Jari Risku22018, 2024Saara Niemi22021, 2023Katja Saari22015, 2016Kai Jansson12013Seppo Karjalainen12012Mira Kuisma12017Marjo Voutilainen12020

Por equipo EquipoNº de adestradoras/esTotal trofeosBlues/K-Espoo24Kärpät22JYP12HPK11HIFK11KalPa11Team Kuortane11

Notas

Véxase tamén Outros artigos Trofeos da Naisten Liiga

Categoría:Trofeos da Naisten Liiga